spot_img
InicioVigo e áreaVigoOs Museos de Vigo celebran este venres a Noite Branca

Os Museos de Vigo celebran este venres a Noite Branca

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) abre de novo as súas portas ao públicoO 5 de agosto Vigo celebrará a Noite Branca e os museos da cidade permanecerán abertos dende as 20:00 horas atas as 2:00 da madrugada

Con motivo desta celebración a cidade albergará unha ampla e variada lista de actividades de balde entre as que se inclúen: exposicións, visitas guiadas, concertos e obradoiros. Como dixo o alcalde Abel Caballero na presentación, “esta é unha forma diferente de divulgar e vivir o goce da actividade museística”.

Revista COUSAS DE nº14

Exposicións, visitas guiadas, concertos e talleres, en horario nocturno, conforman a programación da Noite Branca de Vigo. Todas as actividades serán gratuítas e de acceso libre, en palabras do rexedor, «como unha forma de divulgar e de vivir a actividade museística e o goce desta cultura».

As actividades desenvolveranse nos espazos adscritos á rede de museos municipal: o Pazo Quiñones de León, a Pinacoteca Fernández del Riego, a Casa dás Artes, a Casa Galega da Cultura, o Verbum, o xacemento arqueolóxico da Vila Romana de Toralla, Leira Solita, o Marco, o Museo Liste —ata as 01.00 horas— e a Fundación Laxeiro. O Museo do Mar e a sede de Afundación formarán igualmente parte dos enclaves dispoñibles, pero só ata as 00.00. A terraza do Verbum acollerá dous concertos: o de Pablo Lesuit ás 22.00 horas e o de Skarajazz ás 00.00.

Ao longo das súas seis horas de duración, están programados tres concertos. O grupo Marés Sonoras actuará a partir das 21.00 horas no patio de pedra do xardín do Museo de Castrelos.

Para determinadas visitas guiadas a exposicións e para os talleres Verbum Creativo necesítase previa inscrición, aberta entre o mércores e o venres.

Pódese realizar chamando ao 986240130 ou ao 619948920, entre as 10.00 e as 14.00 horas, e as 17.00 e as 20.00, ou enviando un mail a reservas.aprmvigo@gmail . Para a visita ao xacemento arqueolóxico de Toralla hai que anotarse a través do 010. A información completa pódese consultar no programa do evento, dispoñible na web do Concello.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.