spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán pecha as duchas e lavapiés das praias debido...

O Concello de Nigrán pecha as duchas e lavapiés das praias debido a situación de seca prolongada

O Concello de Nigrán pecha as duchas e lavapiés das praias debido a situación de seca prolongadaO Concello difundirá desde hoxe cartelaría e un bando pedindo tamén o uso responsable no eido doméstico

Revista COUSAS DE nº14

O Concello de Nigrán pechou este mediodía todas as duchas e lavapés das súas praias ante a situación de seca prolongada. Esta medida de aforro e concienciación súmase ás iniciativas tomadas xa a mediados de Xullo (cando se limitou o caudal das duchas, se eliminaron os baldeos da vía pública e se restrinxiron os regos ao mínimo imprescindible para que sobrevivan as árbores e prantas). Igualmente, o Concello difundirá desde hoxe mesmo unha campaña en colaboración con Aqualia na que se dan consellos á veciñanza para un uso responsable da auga no eido privado e editará un bando na mesma liña.

O Concello de Nigrán pecha as duchas e lavapiés das praias debido a situación de seca prolongada

“Ante os datos preocupantes e a falta de previsión de choiva decidimos sumar xa esta outra medida de aforro e concienciación”, explica o alcalde, Juan González. O Concello estima evitar a perda dun total de 25.433 litros ao día e 2.289 metros cúbicos en todo o que queda de periodo estival pechando as 26 duchas e 10 lavapés de todas as súas praias (Praia América-Lourido, Panxón, Patos, Cansadoura, Prado, Madorra, Area Fofa e Arribas Brancas).

“Unha pegatina en cada unha advirte de que están clausuradas pola situación de seca, iso tamén axuda a que á xente tome conciencia da realidade e aplique medidas na súa propia casa”, engade González.

▶️Polo de agora, esta medida tamén foi tomada polos Concellos de Baiona , Cangas do Morrazo e Sanxenxo

O abastecemento de Nigrán depende do encoro de Zamáns, atopándose actualmente ao 63,45% (dato do 1 de agosto) e baixando unha media de 0,52€ ao día. Esta cifra actual de almacenamento é idéntica á rexistrada o pasado 27 de setembro, por iso se fai necesario xa emprender medidas no eido público pero tamén cada un na súa propia casa.

- Publicidade -spot_img