spot_img
InicioVal MiñorBaionaOs mellores da vela serán distinguidos o 5 de setembro en Baiona...

Os mellores da vela serán distinguidos o 5 de setembro en Baiona cos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda

mellores-vela-serán-distinguidos-5-setembro-Baiona-Premios-Nacionais-Vela-Terras-Gauda
Foto: 07 de septiembre de 2013 – Segunda Jornada XXVIII Trofeo Príncipe de Asturias

O Monte Real Club de Yates organiza un ano máis a entrega duns dos galardóns máis prestixiosos do panorama náutico español

Os mellores do mundo da vela serán distinguidos o próximo 5 de setembro en Baiona cuns dos galardóns máis prestixiosos de panorama náutico español, os Premios Nacionais de Vela Terras Gauda, que o Monte Real Club de Yates entrega dende hai 23 anos.

Nunha gala que coincidirá coa segunda xornada do Trofeo Príncipe de Asturias, o club baionés entregará unhas distincións que pretenden recoñecer a aquelas persoas e institucións que, ao longo do ano, destacaron polo seu traballo a favor do mundo da vela, así como polos seus valores humanos e deportivos no panorama náutico.

Na última edición dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda resultaron premiados o Solventis, dos armadores Alberto e Pablo Moro; e o Movistar, de Pedro Campos, como as mellores embarcacións da tempada, ao ter conseguido vitorias na práctica totalidade das regatas nas que participaron. Outro dos premiados foi o Desafío MAPFRE, que recibiu o galardón ao mellor proxecto, tras bater un novo record do Atlántico na Ruta do Descubrimento de América.

A produtora A Contracorriente Films recibiu o Premio Mariano Augado de Comunicación, e o navegante e regatista catalán Alex Pella foi recoñecido como o mellor navegante oceánico. Entregouse, ademais, un premio honorífico a Mary e Joe Woodward pola súa contribución á promoción do turismo náutico das Rías Baixas no norte de Europa.

A cerimonia celebrarase o próximo 5 de setembro en Baiona coincidindo co Trofeo Príncipe de Asturias, que este ano cumpre a súa trixésima edición

Os premiados desta nova edición dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda, que se darán a coñecer nos próximos días, recibirán unha reprodución do mastro central de sinais do Monte Real Club de Yates, que leva o nome do seu defunto presidente, Don Rafael Olmedo Limeses, falecido o pasado mes de febreiro.

A cerimonia de entrega de premios celebrarase o próximo sábado 5 de setembro nas instalacións do club baionés, coincidindo coa segunda xornada do Trofeo Príncipe de Asturias, que este ano cumpre a súa trixésima edici

- Publicidade -spot_img