Continúan as Xeiras 2015 que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Esta venres 14 de agosto, coa colaboración da Agrupación Astronómica Rías Baixas, para unha “Noite de estrelas e lobos” na Chan da Lagoa na Serra da Groba (Baiona).
O punto de encontro será no merendeiro de Chan da Lagoa ás falaremos de hidronimia e lindeiros administrativos. 20 horas. Non é necesaria a inscrición previa. Imos botar as últimas horas da tarde e as primeiras da noite polos cumios da Serra da Groba, unha das principais barreiras orográficas máis altas de Galicia á beira do mar. Faremos paradas en tres sitios distintos.
Dende A Poza Negra camiñaremos cara A Chan da Gabiñeira e dende O Alto do Campo de Lobo miraremos A Boca da Groba onde a seguir pasearemos até o Alto do Montouto e pararemos na caseta forestal para ollar Portugal, o Val Miñor e as Rías Baixas, e se hai sorte até Fisterra; as burras da Groba, as casetas de vixilancia forestal, talasonimia, …
Para rematar a xeira subiremos ó punto máis elevado, o Alto da Lebre con vistas ó Atlántico e ó concello de Oia. Alí reproduciremos a caza do lobo e cos telescopios instalados polos membros da Asociación Astronómica Rías Baixas viaxaremos polo espazo sideral.
Detalles e recomendacións
Dado que parte do percorrido será nocturno recomendamos levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo, así coma algún instrumento para facer ruído e escorrentar ao lobo. Non sobrará algunha manta ou toalla grande para pór no chan e poder mirar para o ceo nunha posición cómoda. E, se cadra, bebida quente ( chocolate, café, té, etc).
• Guías: Xilberte Manso (IEM), Julio Pereira Neiva (A.A.R.B.), Xosé Lois Vilar (IEM)




