spot_img
InicioBaixo MiñoOs Hispanos Junior prepararán o Europeo no Rosal

Os Hispanos Junior prepararán o Europeo no Rosal

Os Hispanos Junior prepararán o Europeo no RosalEste xoves presentouse o Torneo Internacional que enfrontará nesta localidade do Baixo Miño a España contra Serbia e Montenegro do 2 ao 4 de xullo

A sede do Grupo Terras Gauda acolleu este xoves a presentación do Torneo Internacional O Rosal, de categoría junior masculina, que se celebrará nesta localidade do 2 ao 4 de xullo coa participación dos Hispanos Junior.

A selección española regresará á provincia de Pontevedra tras disputar alí o Campionato do Mundo en 2019, e farao para enfrontarse a Serbia e a Montenegro en plena preparación para o Campionato de Europa 2022 que terá lugar no Porto, Portugal, do 7 ao 17 do devandito mes.

Revista COUSAS DE Nº13

Neste acto participaron á alcaldesa do Concello do Rosal, Ánxela Fernández; a deputada de Cohesión Social da Deputación de Pontevedra, Olga García; o presidente da Federación española de Balonmán, Francisco Blázquez, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López e o presidente do Acanor Novás Valinox, Andrés Senra.

Na súa intervención, Blázquez recoñeceu que “esta é unha comarca cunha gran tradición en balonmán e os seus resultados deportivos e a súa masa social falan por si sós do traballo que se está realizando aquí polo noso deporte”. Ademais, o presidente da Real Federación Española de Balonmán sinalou que “o deporte é o mellor embaixador de calquera cidade, non só como actividade física ou espectáculo, e por iso é de agradecer a implicación e a colaboración activa tanto do Concello do Rosal como da Deputación de Pontevedra, así como do Atlético Novás e da Federación Galega de Balonmán, para traer aquí aos Hispanos Junior, presente e futuro do noso balonmán, na súa preparación para un Europeo que será moi preto, no Porto”.

Proximamente, e tal e como anunciou o propio presidente do Acanor Novás Valinox, coñeceranse calendario e horarios de xogo, así como información adicional sobre venda de entradas para gozar en directo deste torneo.

- Publicidade -spot_img