spot_img
InicioBaixo MiñoOs grupos folclóricos de Tui saen a rúa para animar o Nadal

Os grupos folclóricos de Tui saen a rúa para animar o Nadal

os-grupos-folcloricos-de-tui-saen-a-rua-para-animar-o-nadal

O Concello organiza diferentes actividades dentro do marco de Animación de Rúa con actuacións ao longo destes días

A Concellería de Cultura pon en marcha unha intensa axenda de actividades para este Nadal. As actuacións de rúa comezarán este xoves, coincidindo coa celebración da Feira Solidaria de Nadal. O Grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro actuará a partir das 12:30 horas na Praza de San Fernando.

Esta mesma fin de semana, as actuacións folclóricas continuarán o sábado co grupo de pandereiteiras Asdabía de Caldelas e o grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro ao longo de todo o día polas rúas do centro urbano. O domingo volverán as pandereitieras Asdabía de Caldelas e o grupo de gaitas xuntanza de Randufe.

Por último, o sábado 17 o grupo de gaitas Seixos Albos de Areas percorrerá as rúas da cidade a partir das 18:00 horas.

Ademais da animación na rúa que, xunto co alumeado de Nadal, busca fomentar o ocio na cidade e potenciar o comercio local, o xoves 15 de decembro, na Biblioteca Municipal, inaugurarase a exposición do concurso de postais de Nadal organizado pola Asociación de Párkinson do Baixo Miño en colaboración co Concello de Tui.

O concurso, no que participan tamén a Asociación de Enfermos de Alzheimer, Afaga, o centro de día Amoralia e a residencia Paz e Ben. A data límite para participar é o 14 de decembro.  A postal gañadora decidirase por votación popular e o premio consistirá nun lote de libros doados polo Concello de Tui.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.