Inicio Val Miñor Nigrán Os emprendedores de ViaGalicia presentan en Porto do Molle as iniciativas que...

Os emprendedores de ViaGalicia presentan en Porto do Molle as iniciativas que compiten para incorporarse á aceleradora de empresas

O director de Xesgalicia, Juan Cividanes e a Delegada da Zona Franca, Teresa Pedrosa cos emprendedores de ViaGalicia en Porto do Molle
O director de Xesgalicia, Juan Cividanes e a Delegada da Zona Franca, Teresa Pedrosa cos emprendedores de ViaGalicia en Porto do Molle

O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, destacou onte os diferentes servizos e instrumentos de apoio que ofrece a Consellería de Economía, Emprego e Industria para facilitar o desenvolvemento de novos proxectos empresariais, durante a súa intervención na xornada de presentación dos 20 proxectos emprendedores seleccionados na sede de Vigo ao abeiro da actual convocatoria de ViaGalicia, impulsada conxuntamente pola Xunta e o Consorcio Zona Franca.Cividanes lembrou o compromiso do Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras, co que se apoiarán os proxectos seleccionados en ViaGalicia, cos proxectos innovadores impulsados por novos emprendedores, e engadiu que nestes momentos está activada polo Igape a convocatoria para 2016 do programa Galicia Emprende, dotada con 3,7 millóns de euros en axudas para apoiar proxectos de creación de novas empresas ou investimentos en empresas de recente creación.

Máis de 300 proxectos emprendedores concorreron á vixente convocatoria de ViaGalicia. Foron seleccionados 40, 20 para a sede de Vigo e 20 para a sede de Lugo, que acaban de rematar a fase de academia, na que puideron dispoñer de formación e asesoramento experto para completar e mellorar o seu modelo de negocio.

A maioría dos proxectos presentados na Demoday desenvolvida no Centro de Negocios do Consorcio Zona Franca de Vigo están centrados nas TIC ou parten destas novas tecnoloxías para impulsar o desenvolvemento de produtos ou servizos en ámbitos como a saúde, medio ambiente, alimentación ou téxtil.

os-emprendedores-de-viagalicia-presentan-en-porto-do-molle-as-iniciativas-que-compiten-para-incorporarse-a-aceleradora-de-empresas

O comité técnico de ViaGalicia, do que forman parte Xesgalicia e a Axencia Galega de Innovación, deberá seleccionar agora os 15 finalistas que poderán participar no proceso de aceleración, que terá lugar nas instalacións de Porto do Molle. Este ano terán prioridade os proxectos que destaquen no eido do emprendemento innovador, centrado nos grandes retos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).

Cada un dos 15 proxectos finalistas poderá acceder a financiamento por importe de 125.000 euros, dos que 75.000 serán achegados por Xesgalicia e GAIN, e os 50.000 restantes polo Consorcio Zona Franca a través da sociedade de capital risco Vigo Activo. Por outra banda, os proxectos seleccionados contarán con servizos personalizados de mentoring e un espazo gratuíto de coworking en Porto do Molle.

Ademais do Fondo de capital risco Galicia Iniciativas Emprendedoras e do programa Galicia Emprende e, a Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén igualmente activados servizos de formación e asesoramento, así como outros instrumentos para financiar proxectos emprendedores, especialmente os de carácter innovador, como os fondos XesInnova e i2C; a Rede galega de investidores particulares, preparada para facilitar a confluencia de recursos públicos e privados; ou a liña de préstamos directos Jeremie.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies