spot_img
InicioGaliciaAlcaldes de Galicia participan en Bruselas nunhas Xornadas formativas sobre Fondos Estruturais...

Alcaldes de Galicia participan en Bruselas nunhas Xornadas formativas sobre Fondos Estruturais e de Investimento e Administración Local

Europa-destinará-75-millóns-euros-investigación-enfermidades-rarasO curso, dirixido a rexedores galegos, desenvolveranse este luns e martes no Parlamento Europeo co obxectivo de que os gobernos municipais coñezan as posibilidades de impulsar os seus proxectos

A Unión Europea (UE) ofrece un amplo panorama de fondos de financiamento dirixidos, entre outros, a que os gobernos locais poidan impulsar o seu desenvolvemento social, económico e ambiental.

No contexto do novo Marco Financeiro da UE 2014-2020, e tras as eleccións municipais do pasado maio, parece relevante impulsar a participación das entidades locais galegas nas iniciativas que se desenvolven a nivel comunitario.

O obxectivo deste curso intensivo organizado polo grupo socialista é que os asistentes coñezan de primeira man o amplo abano de fondos comunitarios aos que poden optar os gobernos locais para impulsar o desenvolvemento social, económico e medioambiental no seu municipio.

Por medio destas xornadas, se busca capacitar aos alcaldes de Galicia sobre os diferentes programas de financiamento europeo que poden resultan de interese para a administración local. De maneira tal que, durante o seu próximos catro anos de goberno, dispoñan das ferramentas necesarias para elaborar programas de desenvolvemento local de carácter europeo.

Favorecer a participación das entidades locais de Galicia nas convocatorias dos programas de financiamento europeo contará, entre os seus obxectivos primordiais, facer o mellor uso posible de todas as oportunidades que ofrecen os fondos comunitarios para a mellora do emprego na nosa rexión.

Xunto coa formación prevista, os representantes dos concellos coñecerán de primeira man o funcionamento das institucións europeas e o seu proceso de toma de decisións, con visitas de traballo ao Parlamento Europeo e á Comisión, profundando así o seu coñecemento xeral da contorna comunitaria.

As xornadas contarán fundamentalmente con relatorios de asesores técnicos, pero tamén coa intervención de deputados socialistas como José Blanco, Inmaculada Rodríguez Piñero ou Juan Fernando López Aguilar. Ademais, os asistentes terán a oportunidade de coñecer de preto o funcionamento da institución e o proceso na toma de decisións con diferentes visitas de traballo ao Parlamento e a Comisión.

O investimento da UE en España durante o período 2014-20 en fondos de cohesión supón máis de 28.500 millóns de euros dos que tamén se poden beneficiar as entidades locais, xa que se destinan a proxectos que teñen como obxectivo combater o desemprego e impulsar a competitividade e o crecemento económico mediante o apoio á innovación, á formación e á educación en cidades, pobos e zonas rurais. Así mesmo, con este financiamento foméntase o espírito empresarial, lóitase contra a exclusión social e contribúese ao desenvolvemento dunha economía respectuosa co medio ambiente e eficiente no uso dos recursos.

 

- Publicidade -spot_img