Inicio Galicia A Consellería do Mar presentou en FITUR os cruceiros costeiros pola ría...

A Consellería do Mar presentou en FITUR os cruceiros costeiros pola ría e a regata entre La Baule e Galicia

Tesouros (Copiar)A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, presentou esta mañá na Feria Internacional de Turismo (FITUR) os denominados Cruceiros Costeiros pola Ría, que forman parte do Proxecto Europeo NEA 3 do que é socio xunto con Francia, Irlanda, Inglaterra e Portugal e no que tamén se inclúe a dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar. Estes cruceiros constitúen un novo produto náutico que cumpre a carta de calidade do NEA e une a oferta turística e patrimonial.

Ao acto asistiron a ministra de Fomento, Ana Pastor; o ministro de Xustiza, Rafael Catalá; o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Os obxectivos desta actuación, unha máis contemplada no Plan Estratéxico para a Náutica Recreativa, son os de mobilizar a veleiros e barcos a motor e crear unha nova oferta para grupos co obxectivo de que a través das rías coñezan o patrimonio marítimo e cultural de Galicia. Esta iniciativa tamén busca atraer turistas de calidade aos municipios costeiros e incrementar o uso dos portos.

Na súa intervención o presidente de Portos de Galicia subliñou que “formamos parte deste proxecto como unha aposta por unha maior dinamización dos nosos portos, xa que abre máis posibilidades de negocio e suporá un complemento para a promoción da náutica”. No caso da regata La Baule-Galicia, José Juan Durán lembrou os acordos en materia de organización de regatas de longo percorrido, establecidos con portos da fachada atlántica como é o caso de La Rochelle, entre outros.

Estes cruceiros costeiros, tamén presentados polo presidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN), que tamén forma parte do proxecto, inclúen dúas rutas denominadas “Tesouros das Rías de Galicia e “Illas Atlánticas e vilas mariñeiras”, que percorrerán diversos portos das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, con rutas diferentes. Neste acto tamén estiveron os alcaldes dos concellos con portos nos devanditos itinerarios como os de Ribeira, Boiro, Baiona, Sanxenxo e Redondela.

Ademais tamén se presentou unha audioguía virtual do itinerario, que permite ir coñecendo a través dunha aplicación específica os puntos turísticos das rutas. Tamén ofrece a posibilidade de entrar nas instalacións náuticas cun dispositivo que a través do teléfono permite a apertura e peche das portas dos pantaláns. Desta maneira pódese facer accesible a calquera hora a entrada aos portos que dispoñen de prazas en tránsito.

Outra das iniciativas presentadas foi a regata denominada “Rally” que sairá de La Baule, na Bretaña francesa e terá como destino Galicia, pasando polos portos de Sada e Camariñas ata chegar ao de Pedras Negras no Grove (Pontevedra). A iniciativa xorde do Club Náutico de San Vicente, como unha oportunidade para dar a coñecer Galicia, os seus portos e a súa cultura. Neste rally participarán barcos clásicos e de época de todo o Atlántico europeo de Irlanda, Francia, Reino Unido e Galicia, que levará a dorna “Irmandiña”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies