Inicio O Morrazo Bueu Os dous módulos da escultura que elabora a Escola de Canteiros con...

Os dous módulos da escultura que elabora a Escola de Canteiros con 500 paneis do pintor Xosé Solla serán instalados na praza Massó de Bueu

Un avance da obra, que mide 3 metros de alto, 5 de ancho e pesa varias toneladas, foi presentada onte na Deputación por Louzán e Begoña Estévez

Os dous módulos da escultura que elabora a Escola de Canteiros con 500 paneis do pintor Xosé Solla serán instalados na praza Massó de BueuO presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado polos alcaldes de Marín e Bueu, María Ramallo e Félix Juncal, respectivamente, a deputada Begoña Estévez e o pintor Xosé Solla, natural de Castro (Marín) e emigrado a Arxentina, presentaron hoxe no Pazo provincial un avance dos dous módulos de escultura que a Escola de Canteiros da Deputación está a plasmar en pedra cos debuxos xeroglíficos do pintor Xosé Solla.

Os dous módulos da devandita escultura serán instalados na Praza Massó, en Bueu, e conformarán unha homenaxe ó Morrazo e ás súas xentes, un novo atractivo turístico e un singular elemento de humanización da praza, segundo explicou hoxe en rolda de prensa Rafael Louzán.

A escultura está formada por 500 paneis mosaicos que conformarán unha escultura de 3 metros de alto por 5 de ancho e con varias toneladas de peso.

A pesar da complexidade da obra, Louzán confiou que poderá concluirse nun prazo de meses. As dificultades derivan da plasmación en pedra deses 500 paneis  con gravados polas súas catro caras e que relatarán unha historia de homenaxe ás xentes da comarca.

Segundo o pintor Xosé Solla, a súa idea é realizar unha obra de valor sentimental, cultural e social para O Morrazo e que sirva de homenaxe ó Morrazo todo e sirva para reforzar os atractivos turísticos da comarca. Solla destacou que leva dous anos traballando no proxecto que, confía, sirva tamén para humanizar o entorno da Praza Massó.

De Castro,  o pobo do pintor Solla

O pintor José Solla é natural de Castro, lugar de Seixo (Marín), _a deputada Begoña Estévez, artífice da iniciativa e que tamén é do mesmo pobo, dixo que, cando se presenta di que é do pobo do pintor Xosé Solla_ e vive dende 1950 na Arxentina, aínda que pasa longas tempadas na súa terra natal coa que nunca perdeu os vínculos.

Na Arxentina, Solla goza de recoñecido prestixio no mundo da arte e da cultura, pois estudou na Escola Superior de Artes Visuais Martín Malharro de Buenos Aires e foi alumno do reputado mestre arxentino Demetrio Urruchúa. Solla ten moita obra nos principais museos do país e en distintas coleccións públicas e privadas. Residiu e traballou en Mar de Plata e Buenos Aires.

O alcalde Juncal manifestou sentirse “emocionado e agradecido ao pintor, a Louzán e a Begoña Estévez” e lembrou que o Concello adicou unha rúa do Paseo Marítimo entre Agrelo e Portomaior ao pintor. Dixo que a súa escultura será unha obra “do Morrazo para o Mundo”. Pola súa banda, María Ramallo, confiou en poder contar con algún traballo do pintor en Marín e destacou que a escultura que se instalará en Bueu é unha homaxe ás xentes do Morrazo, sobre todo ás do mar e á muller.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies