·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaOs concellos do Grupo de Desenvolvemento Eu Rural súmanse á loita contra...

Os concellos do Grupo de Desenvolvemento Eu Rural súmanse á loita contra a violencia de xénero

Os concellos do Grupo de Desenvolvemento Eu Rural súmanse á loita contra a violencia de xénero
ONU – Campaña Contra a Violencia de Xénero 2020

Os 13 municipios publicarán este 25N nas súas redes sociais o vídeo documental ‘Deixar o pasado atrás’, que recolle os testemuños de superación das participantes nun obradoiro celebrado en Tomiño o pasado ano.

Deixar o pasado atrás para comezar a ser a persoa que se quere ser. Iso foi o que supuxo para as participantes desta primeira edición do obradoiro de Eu Rural aqueles días nos que compartiron alegrías, bagoas, historias…. Agora os testemuños destas mulleres aparecen recollidos nun vídeo documental que se estreará este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, de forma simultánea nas redes sociais de todos os concellos que integran o territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural.

Con esta acción, A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Tomiño e Tui queren sumarse de forma activa á loita contra todo tipo de violencia. O traballo conxunto que os concellos desenvolven en outros eidos como o desenvolvemento económico ou o turismo trasládase así tamén á loita pola igualdade e contra a violencia de xénero.

A maiores das iniciativas que cada municipio ten previstas para conmemorar o 25N, comprometéronse con esta acción conxunta conscientes de que unidos a loita será máis visible e que dende as institucións debe liderarse o traballo pola igualdade en todos os eidos e contra calquera tipo de agresión física, verbal ou psicolóxica.

O documental, de seis minutos de duración, resume o acontecido na primeira edición do curso de autoestima e empoderamento feminino organizado por Eu Rural o ano pasado en Tomiño, no que xorden diferentes historias de superación entre as participantes, todas cun denominador común: deixar o pasado atrás e mirar cara o futuro con forza.

Pinta o Mundo de Laranxa. 16 Días de activismo contra a violencia de xénero

Antecedentes

A orixe do día: as irmás Mirabal

Aínda que de maneira extra oficial, as orixes deste día remóntanse a 1981, cando militantes e activistas en favor do dereito da muller lanzaban as súas protestas ante a violencia de xénero. A orixe: a necesidade de honrar a memoria das irmás Mirabal, tres activistas políticas da República Dominicana que foron brutalmente asasinadas en 1960 por orde do gobernante dominicano, Rafael Trujillo (1930-1961).

Ferramentas da ONU na loita pola violencia baseada no xénero

Dous anos antes (1979), as Nacións Unidas conseguiron a aprobación da Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller. Con todo, a violencia contra mulleres e nenas continuou (e continúa) sendo un grave problema a nivel mundial, polo que se precisaba unha normativa concreta neste aspecto.

Por esta razón, a ONU tamén emitiu en 1993 unha resolución que inclúe a emblemática “Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller”, sentando as bases para un futuro libre de violencia de xénero. No ámbito da concienciación, a Asemblea Xeral adopta no ano 2000 a resolución, que designaba o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, convidando a gobernos, organizacións internacionais e a ONG a tomar mans no asunto e coordinar actividades todos os anos sobre esta data que eleven a conciencia pública.

Outro firme paso adiante foi a campaña “ÚNETE para Poner Fin a la Violencia contra las Mujeres”, posta en marcha en desde 2008 ata o día de hoxe. O seu labor é aumentar o nivel de concienciación sobre o problema e buscar solucións políticas para liquidalo Pero aínda queda un longo camiño que percorrer a nivel global. Ata a data, só dúas de cada tres países prohibiron a violencia doméstica, mentres que en 37 estados aínda non se xulga aos violadores se están casados ou se casan posteriormente coa vítima. Ademais, noutros 49 estados aínda non existe lexislación que protexa ás mulleres da violencia doméstica.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies