spot_img
InicioVal MiñorBaionaOs barcos históricos de 'Exploraterra' chegan a Baiona

Os barcos históricos de ‘Exploraterra’ chegan a Baiona

Os barcos históricos de 'Exploraterra' chegan a Baiona O Porto Deportivo de Baiona acolle as réplicas da Nao Santa María e a Carabela Veracruz para conmemorar o 529 Aniversario da Arribada da Pinta

Onte arribou a Baiona a Xira ‘Exploraterra’ con dúas réplicas de dous dos barcos históricos máis importantes da historia marítima e que poderán visitarse desde este xoves 3 de marzo e ata o domingo 6 no peirao do Porto Deportivo de Baiona.

A Carabela Pinta compartirá protagonismo esta fin de semana coa Nao Santa María e a Carabela Veracruz. Ambas naves poderanse visitar de forma gratuíta

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez e a Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, presidiron o acto de recepción e de presentación da Xira Exploraterra 2022. Acto que tivo lugar na cuberta principal das embarcacións e que contou coa presenza dos capitáns e a tripulación de ambos navíos.

Os barcos históricos de 'Exploraterra' chegan a Baiona

 

EXPLORATERRA 2022

Trátase dunha gran xira na que participan as réplicas dos navíos máis emblemáticos da era das expedicións marítimas hispano portuguesas: A Nave Vitoria, a Nave Santa María, a carabela Veracruz, a carabela Boa Esperança, a carabela Pinta e o Galeón Andalucía. A xira pasou xa por Sevilla, Cádiz, Huelva, Lisboa e despóis de visitar Lisboa chega agora a Baiona, coincidindo coa celebración da Arribada, finalizando o seu percorrido na Coruña. Esta é unha iniciativa que ten como obxectivo o de sensibilizar ao público sobre o rico patrimonio cultural que existe ao redor das grandes expedicións marítimas xeográficas españolas e portuguesas, que nos séculos XV ao XVI, abriron a imaxe do mundo moderno e revolucionaron o coñecemento que o home tiña do planeta.

A xira é unha das actividades do proxecto Exploraterra, unha gran iniciativa para preservar, poñer en valor e promover a herdanza común que conservan varias rexións de España e Portugal, ligada a estas exploracións marítimas. O proxecto está liderado pola Fundación Nao Vitoria, financiado con fondos FEDER a través do Programa INTERREG V A España Portugal (POCTEP) 2014-2020, e conta coa participación doutras institucións: a Axencia Andaluza de Institucións Culturais da Junta de Andalucía, a Axencia de Turismo de Galicia, a Associação Portuguesa de Treino de Vela ( APORVELA) e a Entidade Rexional de Turismo do Algarve.

OS BARCOS

A carabela Veracruz, é unha réplica exacta das antigas carabelas portuguesas. Foi construída en 2000 no estaleiro de Vila do Conde como parte das celebracións do 500 aniversario do Descubrimento de Brasil. Na actualidade o barco é unha excelente plataforma para o adestramento de navegación e experiencias no mar, investiga o comportamento e as manobras das carabelas antigas e realiza visitas de estudo a escolas en Lisboa e outros portos portugueses.

A Nao Santa María preséntase como unha fiel réplica histórica a tamaño real da capitá da frota de Cristóbal Colón de 1492. Un barco de 200 toneladas, 29 metros de eslora e 8 metros de manga, catro paus, cinco velas e cinco cubertas, construída co exquisito traballo en madeira de iroko e piñeiro carpintería de ribeira, que navega como museo flotante da súa propia historia e do patrimonio marítimo e cultural das expedicións marítimas.

VISITAS

Para que os visitantes poidan percorrer as súas cubertas con total seguridade, adoptaranse todas as medidas sanitarias pertinentes, como o uso obrigatorio de máscaras tanto do público como da tripulación, disposición de xeles hidroalcohólicos e o mantemento da distancia de seguridade aconsellada.

VISITAS PÚBLICO GENERAL

Datas: 3 O 6 de MARZO

Lugar: PEIRAO DEPORTIVO DE BAIONA (Avenida Monterreal s/n)

Horario: De 10:00h a 18:00h (horario ininterrumpido)

Entrada gratuita

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.