spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán propón a Residencia de Tempo Libre de Patos como centro de...

Nigrán propón a Residencia de Tempo Libre de Patos como centro de acollida para refuxiados ucraínos

Concello-Nigrán-informa-Fegamp-idoneidade-Residencia-Tempo-Libre-Patos-acoller-refuxiados-sirios

Este mesmo lugar foi proposto polo municipio na guerra de Siria e Afganistán sen que finalmente a Xunta se decidise a darlle ese uso. “Estariamos moi orgullosos de que Nigrán puidese colaborar desta maneira nesta crise humanitaria”, subliña o alcalde

O Concello ofrecerá a Residencia de Tempo Libre de Patos aos refuxiados ucraínos, respondendo así á petición da Federación Galega de Municipios e Provincias, que pediu ás localidades que cedan espazos para a acollida de familias deste país. No caso de Nigrán, o goberno local considera a residencia de Patos como “un fogar idóneo”, xa que é unha instalación que só ten actividade de xuño a setembro, dispón de camas, cuartos individuais, cociña industrial e comedor. Este mesmo lugar foi proposto polo Concello na guerra de Siria e Afganistán sen que finalmente a Xunta se decidise a darlle ese uso.

“Cumpre con todos os requerimentos que necesitaría un fogar de acollida”, indica o alcalde e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Juan González, quen incide en que é unha residencia fronte ao mar, totalmente accesible, con 150 prazas e cuartos individuales de 2 e 3 camas.

O goberno local o considera “un fogar idóneo”, xa que está infrautilizada, dispón de camas, cuartos individuais, cociña industrial e comedor

“Trátase dun lugar que, precisamente, está infrautilizado pola Xunta, quen o xestiona. Está pechado a maior parte do ano; tanto traballadores como Concello cremos que non ten sentido esa situación”, insiste Juan González, seguro de que “sería unha ocasión marabillosa para darlle unha utilidade verdadeiramente social e solitaria. Estariamos moi orgullosos de que Nigrán puidese colaborar desta maneira nesta crise humanitaria”.

“Desde Nigrán temos sorte de poder colaborar nesta crise con este espazo que xa está dotado e que non ten actividade algunha”, conclúe o alcalde e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.