O alumnado do CPI COVA TERREÑA ,que cursa terceiro da ESO, participou no obradoiro “ OS AMORES NON MATAN “ . Trátase dunha acción formativa de prevención da violencia de xénero , onde se revisan os cambios dos vínculos amorosos e a súa transformación en relaciones tóxicas .
Na actividade, organizada pola Concelleria de Igualdade , abordáronse entre outros os seguintes contidos : as relacións amorosas sas : elementos que as sustentan; as relacións amorosas tóxicas : dominación, violencia física, psicolóxica os celos; a violencia de xénero .etc.; O obradoiro inclúe outra sesión na que o alumnado será o protagonista, elaborando unha unidade didáctica audiovisual , na que procederá a resumir a formación que recibiron para logo proxectar o resultado noutras aulas.
Este obradoiro impartirase tamén no IES Primeiro de Marzo o 25 de Novembro . A actividade está subvencionada cos fondos recibidos polo Pacto de Estado . A Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, destaca que “ a xuventude constitúe un grupo especialmente sensible á violencia de xénero, polo que é necesario que identifiquen e rexeiten conductas sexistas que as veces se toleran ou xustifican,; estas accións son necesarias para dotar a xuventude de ferramentas para que establezan as relacións que realmente queren, e o ámbito educativo é un ámbito privilexiado para achegarnos a este colectivo”



