spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaOs alcaldes dos municipios do camiño portugués da costa reúnense en Baiona...

Os alcaldes dos municipios do camiño portugués da costa reúnense en Baiona para xuntar criterios de promoción desta ruta xacobea

alcaldes-municipios-camiño-portugués-costa-reúnense-Baiona-xuntar-criterios-promoción-ruta-xacobea

O luns celebrouse no Concello de Baiona unha reunión cos alcaldes dos diferentes municipios do camiño portugués da costa para xuntar criterios de promoción desta ruta xacobea, que engloba os municipios de A Guarda, o Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo e Redondela, onde se une o camiño da costa e o tradicional.

Á cita, a primeira reunión dos representantes municipais tras o cambio de corporacións como consecuencia das eleccións municipais, acudiron os representantes de todos os concellos agás o de Vigo.

No encontro abordáronse temas de interese para a dinamización desta ruta, como a súa promoción, o selo da compostela, información de lugares e monumentos visibles, coidado e sinalización da ruta e mellora doutros aspectos.

Na reunión tamén se acordou levar a cabo un ambicioso programa de actuacións que se acometerá por fases. A primeira acción xa foi posta en marcha pois todos os concellos polos que pasa a ruta están a realizar unha ardua tarefa de limpeza e sinalización do camiño. Tamén se conveu realizar unha peregrinación a Santiago de Compostela dende Portugal, os fins de semana do último trimestre do ano.

Ademais, impulsaranse Xornadas Culturais e Conferencias para dar a coñecer a historia do Camiño portugués da costa. Todo iso co obxectivo de xuntar esforzos para promover esta ruta xacobea que ao longo dos séculos mantén a súa importancia pois é percorrido por miles de peregrinos de todo o mundo atraídos pola beleza incomparable deste magnífico camiño de peregrinación; costeiro na maior parte do trazado.

Todas estas accións levaranse a cabo en colaboración directa coa Oficina do Peregrino.

Tras a reunión celebrada na Vila vanse solicitar citas coa Xunta de Galicia e coa Deputación de Pontevedra para que ambas as dúas entidades potencien esta singular senda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.