spot_img
InicioVal MiñorNigránUnha representación do "Club de Bolos Valle Miñor" de Montevideo son recibidos...

Unha representación do “Club de Bolos Valle Miñor” de Montevideo son recibidos no Concello de Nigrán

representación-Club-Bolos-Valle-Miñor-Montevideo-recibidos-Concello-Nigrán
O alcalde de Nigrán, Juan González, e a tenente de Alcalde, Raquel Giráldez, recibiron onte no concello a unha representación do Club Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor en Montevideo composta polo seu subsecretario, Román Gómez (acompañado polo seu irmá Benjamín) e Ricardo Alonso, ex-presidente. A entidade, fundada por emigrantes galegos da comarca en 1947, é con 450 socios a que máis emigrantes reúne despóis do Centro Galego. Nela desenrólanse diferentes actividades, entre as que destacan os bolos celtas (deporte levado a Uruguay polos emigrantes miñoranos e que segue unindo as dúas ribeiras), baile galego, gaitas…

Fundado en 1947 e con 450 socios é a entidade máis importante en Uruguay despois do Centro Galego

“O Concello quere honrar o traballo de toda esta xente que emigrou fora en busca dun futuro mellor e que nunca se esqueceu de Galicia, enviando cartos para as súas familias ou facendo obras sociais nas súa terra de orixe”, sinalou González antes de entregarlle a Román Gómez o libro de honra do Concello para asinar e facerlle entrega dunha placa conmemorativa, a insignia de Nigrán e dous libros de fotografía sobre a emigración de Pontevedra a Sudamérica e sobre a nosa comarca.

“Estou moi emocionado e moi agradecido de ser recibido polo meu alcalde e de que desde Nigrán se recoñeza o noso traballo”, dixo Román Gómez, que emigrou dende a parroquia de Camos hai 62 anos cando contaba con so 17. Agora ven veranear sempre que pode. “Tardei en voltar 25 anos, pero agora que pogo o fago cada ano. De Galicia boto de menos todo: a familia, os amigos, a comida…”, explica. Sen embargo, Ricardo Alonso, ex-presidente, pasou 42 anos en Montevideo e finalmente regresou a Donas (parroquia de orixe) xunto cos seus fillos que, debido á actual crise, víronse obrigados a emigrar a centroeuropa.

- Publicidade -spot_img