spot_img
InicioPontevedra e ÁreaOs 61 concellos da provincia de Pontevedra protagonistas da campaña de promoción...

Os 61 concellos da provincia de Pontevedra protagonistas da campaña de promoción turística da Deputación no 2019

aprobado-plan-estratexico-turismo-2020-pontevedra-converter-provincia-nun-destino-sostible-excelente-e-innovadorA presidenta Carmela Silva adiantou a proposta durante a Mesa do Turismo na que tamén se acordou poñer en marcha unha reunión especial ligada ao enoturismo e estender a Q de calidade entre as 224 empresas da provincia que contan co SICTED

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidiu esta mañá  no pazo provincial a segunda reunión ordinaria da Mesa do Turismo da provincia de Pontevedra. Na reunión, ata a que acudiu a Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, abordáronse cuestións relativas ao seguimento do Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas, a proposta de campaña de turismo da provincia de cara ao vindeiro ano así como a situación do SICTED no destino.

“O vindeiro ano queremos facer unha promoción na que os 61 concellos da provincia sexan os protagonistas”, adiantou Carmela Silva. Neste eido, a presidenta explicou que entre o 23 e o 27 de xaneiro do 2019 celebrarase FITUR que marcará “o pistoletazo” de saída da promoción anual da provincia de Pontevedra, na que todos os concellos serán protagonistas. “Particularmente queremos que o eixo vertebrador sexan as festas de interese turístico nacional e internacional, que falan da nosa historia, da nosa cultura, da nosa paisaxe, das nosas tradicións, da nosa gastronomía e, polo tanto, abordan un turismo centrado en multiexperiencias”, destacou a presidenta.

Ademais, Carmela Silva amosou a súa satisfacción “porque nestes momentos temos xa iniciadas o 93% das actuacións do Plan Estratéxico de Turismo”. Máis polo miúdo, a presidenta provincial adiantou que durante a reunión da Mesa explicouse o desenvolvemento das cinco liñas estratéxicas do plan que teñen que ver coa optimización, eficiencia e coordinación da xestión e gobernanza, coa estruturación da oferta orientada á demanda e a creación de produtos específicos, coa excelencia no destino e no sector a través de plans de competitividade e de profesionalización, co plan de promoción  e co apoio á comercialización do destino provincia de Pontevedra.

Durante a Mesa de Turismo tamén se abordaron cuestións relativas ao SICTED, o Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos que está a implantar a Deputación de Pontevedra. Silva destacou que “nestes momentos contamos con 224 empresas distinguidas e queremos seguir a ampliar o número de entidades acreditadas co compromiso de calidade turística”. Máis polo miúdo a presidenta provincial subliñou que durante o ano 2017 o número de empresas distinguidas co SICTED “multiplicouse de xeito exponencial”, sendo o ano desde a implantación do plan de calidade que acadou o maior número de adhesións.

En canto aos compromisos acordados, todos eles por unanimidade e trala participación do sector público e privado que se da cita na Mesa do Turismo, impulsarase unha reunión especial para abordar cuestións ligadas á viticultura e ao enoturismo. “A idea é que todas as persoas que integran a mesa poidan achegar propostas e medidas para impulsar o enoturismo na provincia de Pontevedra, que atrae a cada vez un maior número de persoas”, destacou a presidenta.

Outra das cuestións que se puxeron en riba da mesa foi a posibilidade de que as 224 empresas que nestes momentos contan co distintivo de calidade turística do SICTED poidan acadar a Q de calidade.

- Publicidade -spot_img