Inicio Pontevedra Greenpeace cuestiona a legalidade da madeira empregada na construción de iates de...

Greenpeace cuestiona a legalidade da madeira empregada na construción de iates de luxo en Vigo

Greenpeace cuestiona a legalidade da madeira empregada na construción de iates de luxo en Vigo

Greenpeace solicitou á Xunta de Galicia que investigue a posible entrada a través de portos galegos de madeira de teca da antiga Myanmar (antiga Birmania) procedente de actividades forestais ilegais. Esta reclamación é a terceira que presenta a organización no que vai de ano, logo de que en febreiro e marzo pedise explicacións sobre madeira de sangue (relacionada con violencia e asasinatos no Brasil) ou vencellada á fraude masiva de inventarios forestais no país suramericano (1).

O estaleiro vigués Hijos de J. Barreiras constrúe un iate de luxo con madeira de teca procedente da Myanmar (antiga Birmania), onde o risco de cortas ilegais é moi alto

Segundo informacións publicadas na prensa o pasado mes de xullo (2), os máis de 2.500 metros cadrados de cuberta do cruceiro de luxo que está a construír o estaleiro vigués Hijos de J. Barreiras para The Ritz-Carlton conteñen madeira de teca procedente de Myanmar e que chegaría a Galicia durante o pasado verán.

Ante os continuos conflitos do sector madeireiro galego coa madeira ilegal e a inhibición da Xunta de Galicia nas súas obrigas para cumprir a lexislación (europea, estatal e galega), Greenpeace presentou a principios de outubro alegacións á primeira revisión do Plan Forestal de Galicia, esixindo á Xunta que adapte a lexislación galega (Lei de Montes de Galicia e Decreto 50/2014 de regulamentación de aproveitamentos) á normativa europea e estatal (Regulamento EUTR, European Timber Regulation).

É a terceira vez no que vai de ano que Greenpeace expón diante da Xunta as súas preocupacións sobre a complicidade do mercado galego coa corta ilegal

Greenpeace segue a pedir á Xunta de Galicia que cumpra coas súas obrigas legais e evite a entrada de madeira ilegal na Unión Europea mediante controis que verifiquen que o sector importador de madeira acata a normativa e minimiza os riscos de introducir no mercado madeira de orixe ilegal“, sinalou Miguel Ángel Soto, responsable da campaña de Bosques de Greenpeace.

Greenpeace lembra, asemade, o exposto pola Memoria da Fiscalía Xeral do Estado de 2017 (3): malia as leis que obrigan ás Administracións Públicas a dar conta de controis sobre os axentes que introducen madeira na Unión Europea “nin a Administración Central estaba a levar control algún nin as Comunidades Autónomas tiñan nese intre estrutura algunha nin se estableceron criterios para realizar a dita tarefa“.

A organización esixe á Xunta que adapte a lexislación aos requirimentos da Unión Europea en controis aos importadores de madeira

Até o momento, só a Generalitat de Catalunya tomou medidas para evitar a entrada de madeira ilegal: en febreiro deste ano prohibiu temporalmente o comercio de madeira procedente de Myanmar á empresa construtora de iates Teak Solutions trala reclamación presentada pola organización Environmental International Agency até que a compañía poña en funcionamento medidas adicionais de redución do risco.

Consenso internacional

Existe un amplo consenso dentro das axencias gobernamentais, as federacións da industria, entidades de supervisión de EUTR (European Union Timber Regulation ou Regulamento Europeo da Madeira), ONG e expertos da industria sobre o risco de ilegalidade da madeira procedente de Myanmar. Segundo un estudo da organización Environment Investigation Agency (4), o nivel de risco é extraordinariamente alto. Precisamente a partir deste informe, a Asociación Española de Industria e Comercio da Madeira (AEIM) (5) escalou o nivel de risco da madeira de Myanmar pasando de “considerable” a “elevado” e aconsellou aos seus afiliados non importar madeira procedente deste país (6). Segundo esta asociación, “ante o elevado grao de vulnerabilidade do sistema, os axentes non poden confiar nos documentos oficiais emitidos polas autoridades de Myanmar como medio para cumprir a súa obriga de dilixencia debida“.

Máis recentemente, a Organización das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA-WCMC) elaborou uns informes co obxectivo de avaliar os riscos e axudar ás autoridades a lograr unha posta en práctica sólida do regulamento da madeira da UE nos que as conclusións sobre Myanmar corroboran as investigacións independentes e as recomendacións do sector importador desta materia prima.

Tamén o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (Mapama) desaconsella as importacións de teca de Myanmar (7). En casos de risco de ilegalidade a normativa europea esixe que se rastrexe a madeira até a rexión de orixe do país de aproveitamento e se acheguen probas máis aló da documentación oficial.

Nos dous últimos anos, Dinamarca, Alemaña, Suecia e Reino Unido tomaron medidas para deter importacións de madeira extraída ilegalmente de Myanmar. En Dinamarca e Alemaña, as autoridades competentes emitiron medidas cautelares ás empresas que non cumpriran plenamente coa Dilixencia Debida. En Suecia, o tribunal administrativo ditaminou que unha empresa violara o regulamento EUTR. Alemaña advertiu aos axentes que importan madeira de Myanmar que de non cumprir co mandamento xudicial, podería impoñer sancións.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
272SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies