spot_img
InicioVal MiñorBaionaOs 20 alumnos do curso de cócteles e batidos sen alcol 'DepoRúarte'...

Os 20 alumnos do curso de cócteles e batidos sen alcol ‘DepoRúarte’ celebrado en Baiona, reciben os seus diplomas

os-20-alumnos-do-curso-de-cocteles-e-batidos-sen-alcol-deporuarte-celebrado-en-baiona-reciben-os-seus-diplomas

Esta mañá, a deputado provincial, Javier Deus, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a concelleira de Mocidade, Beatriz González Pérez, clausuraron o curso gratuíto de cocteles e batidos sen alcol que forma parte do programa ‘Depo Rúarte’, no que os alumnos aprenderon coñecementos sobre a elaboración de diferentes bebidas.

Preparar un cóctel ou un batido adecuadamente non sempre é unha tarefa fácil. Existen unha verdadeira infinidade de combinacións e sabores cos cales elaborar un bo grolo.

Para preparar unha boa bebida é necesario coidar todos os detalles e variables, tendo en conta que sabores se poden combinar e cales non, así como tamén como decorar a copa para obter un resultado satisfactorio. Por iso os alumnos recibiron 25 horas de formación durante as cales os participantes aprenderon de forma dinámica todo este tipo de trucos.

Como acto de clausura, os alumnos elaboraron diferentes cócteles para degustar e demostrar os coñecementos adquiridos. Ademais, o alcalde, o deputado provincial e a concelleira entregaron un diploma a cada un dos 20 alumnos que participaron no curso.

- Publicidade -spot_img