spot_img
InicioVal MiñorNigránAs instalacións de Porto do Molle, ponto de partida para a primeira...

As instalacións de Porto do Molle, ponto de partida para a primeira aceleradora de empresas especializada no sector da automoción

o-programa-viagalicia-celebra-duas-intensas-xornadas-nas-sedes-de-lugo-e-nigran-para-seleccionar-15-ideas-de-negocio-que-pasaran-a-fase-final-de-aceleracion

Tras abrirse hoxe o prazo para a presentación de proxectos, a Business Factory Auto permitirá desenvolver medio centenar de propostas y contará co primeiro FabLab de Galicia, un laboratorio de fabricación dos prototipos que levarán a cabo as empresas.

“A implicación histórica do Consorcio da Zona Franca co sector da automoción hoxe dá un paso adiante coa participación na Business Factory Auto á que contribuímos facilitando as súas instalacións iniciais en Porto do Molle e para a que construiremos en breve unha sede na contorna de Balaídos demais de achegar 1,5 millóns de euros a través da sociedade de capital-risco Vigo Activo para os seus tres primeiros anos de vida” dixo Teresa Pedrosa no acto de presentación da BFA, a primeira aceleradora galega de empresas de innovación do sector do automóbil.

A Aceleradora busca consolidar un ecosistema de compañías innovadoras que axude ao conxunto do sector para afrontar os cambios tecnolóxicos (Industria 4.0) e de concepto (novas fórmulas de mobilidade, car-sharing, etc.) que se aveciñan. Segundo fontes de Ceaga (a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia), que pilota a Business Factory Auto, o obxectivo desta primeira edición é chegar a consolidar 30 proxectos innovadores.

A Xunta achegará o 80% dos 10,2 millóns de euros do orzamento. Tamén participará no evento o Grupo PSA e a Zona Franca, financiará proxectos mediante préstamos e capital a través de Vigo Activo. A aceleradora instalarase inicialmente no edificio tecnolóxico aeroespacial de Porto do Molle (Nigrán), aínda que o seu emprazamento definitivo será o futuro centro de negocios que Zona Franca ten proxectado en Balaídos.

Ao lanzamento oficial da BFA tivo lugar hoxe nun acto ao que asistiron o conslleiro de Economía, o presidente de CEAGA e o director da planta de PSA Yan Martin. A conferencia central impartiuna Pedro Nueno, experto en automoción e emprendemento.

A partir de mañá e para participar no evento levará a cabo un proceso de concorrencia competitiva entre os interesados. A aceleradora está deseñada para novas empresas ou que xurdan dunha compañía xa existente, dunha alianza de empresas (como ocorre cos proxectos Innterconecta), de centros tecnolóxicos (spin-off) e sobre todo para emprendedores. O comité técnico terá mes e medio aproximadamente, desde este mércores, para valorar as propostas e determinar as que pasan ás seguintes fases do proceso que seguirá o modelo da aceleradora ViaGalicia.

A BFA arrincará cunha fase de aceleración para dez proxectos, aos que se ofrecerá tutelaje e financiamento. O próximo ano, realizarase unha segunda convocatoria para a fase de consolidación, á que poderán acceder aquelas empresas cuxos proxectos progresen de forma adecuada pero tamén compañías externas que xa estean nese punto de maduración, e seleccionaranse outros dez proxectos para a primeira fase.

- Publicidade -spot_img