Inicio Baixo Miño A Guarda Orpagu recibe en Fitur el premio Azul del Grupo Excelencias por sus...

Orpagu recibe en Fitur el premio Azul del Grupo Excelencias por sus prácticas sostenibles

Orpagu recibe en Fitur el premio Azul del Grupo Excelencias por sus prácticas sosteniblesA Organización de Palangreiros Guardeses ( Orpagu) acaba de recibir un novo recoñecemento á súa traxectoria. Nesta ocasión, trátase dunha importante distinción que enxalza o seu labor en favor da sustentabilidade dos recursos e do mar: o Premio Excelencias Turísticas 2019 na súa categoría Azul.

Un galardón que recolleu esta tarde en Madrid, no marco da feira Fitur, e que foi recibido con enorme satisfacción por parte dos armadores de Orpagu, que consideran que se outorga valor a todos os esforzos que veñen realizando desde hai anos para o coidado do medio no que traballan e do que dependen numerosas persoas na Guarda. O galardón está así mesmo vinculado ás súas conservas de peixe espada e atún elaboradas con prácticas sustentables e produtos de primeira calidade.

Orpagu foi a única empresa galega galardoada nos Premios Excelencia 2019, outorgados polo Grupo Excelencias, o que supón un maior orgullo para a organización que preside Joaquín Cadilla. Entre as actividades despregadas pola organización nos últimos anos neste ámbito destacan as súas xornadas internacionais de pesca ao redor de temas de actualidade para o sector, cursos de primeiros auxilios para que os pescadores consigan devolver ao mar con vida as tartarugas capturadas de forma accidental, así como a súa participación na creación do FIP Blues, o primeiro proxecto de mellora pesqueira a nivel mundial que inclúe unha especie de quenlla ou a súa aposta polas velas ríxidas para os palangreiros para aforrar combustible e minimizar o seu impacto no medio mariño, entre outras iniciativas.

Orpagu foi preseleccionada xunto a outra empresa española para o Excelencias Azul, pero finalmente o xurado, formado por profesionais independentes do mundo do turismo e a gastronomía, decantouse polo proxecto galego pola súa relevancia e a súa aposta clara pola sustentabilidade.

Os Premios Excelencia son uns galardóns que o Grupo Excelencias creou hai 15 anos co obxectivo de remarcar a grandeza en diferentes ámbitos relacionados co turismo, a gastronomía e a cultura en Iberoamérica e que se converteron nun referente. En 2005, este grupo decidiu que aqueles proxectos, institucións ou persoas do sector turístico que foran excelentes no seu terreo debían ser recoñecidos e premiados, outorgándolles a oportunidade de difundir os seus méritos e resultados. Desta forma, un xurado Orpagu recibe en Fitur el premio Azul del Grupo Excelencias por sus prácticas sosteniblesinternacional formado por personalidades da cultura e o turismo analiza os proxectos máis representativos do ano, valorándoos segundo as súas achegas desde moi diversas perspectivas. De feito, o Premio Excelencias pode ser para unha idea, unha innovación, unha asociación… Foi tal o éxito e tantas as candidaturas recibidas que o grupo empresarial decidiu sumar ao proxecto o Excelencias Gourmet para recoñecer traxectorias, esforzos, proxectos e resultados nesta área, así como para dar visibilidade a proxectos gastronómicos que favorecen e apoian a cultura e o turismo.

Á gala celebrada esta tarde acudiu en representación da Organización de Palangreiros Guardeses, Laura Baz, quen recibiu o galardón de mans do presidente do Grupo Excelencias, José Carlos Santiago.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies