spot_img
InicioBaixo MiñoOrpagu e Terras Gauda unen o mar e o viño nunha iniciativa...

Orpagu e Terras Gauda unen o mar e o viño nunha iniciativa turística pioneira

Orpagu e Terras Gauda unen o mar e o viño nunha iniciativa turística pioneira “Do Mar á Viña”, que terá lugar os dous últimos venres de agosto e o primeiro de setembro no Baixo Miño, aúna a experiencia enoturística coa historia da localidade e as conservas artesanais dos palangreiros guardeses.

Da alianza da Organización de Palangreiros Guardeses ( Orpagu) e Bodegas Terras Gauda naceu unha iniciativa turística pioneira no Baixo Miño: “Do Mar á Viña”. O evento, que se celebrará os venres 23 e 30 de agosto e 6 de setembro, conxuga a experiencia enoturística cunha travesía marítima fluvial, na que os participantes non só gozarán da beleza das paisaxes senón que aprenderán algo máis sobre a historia desta zona fronteiriza e das súas xentes, tan vinculadas ao mundo do mar.

O auxe do turismo enolóxico, a beleza da contorna e a importancia de dar a coñecer a historia da zona impulsaron a Orpagu e Adegas Terras Gauda a poñer en marcha esta iniciativa. “Do Mar á Viña” consiste nun percorrido por mar, río e viñedos que permitirá aos visitantes impregnarse da cultura desta zona, á que define a súa proximidade con Portugal, a espectacularidade do Monte Santa Tegra e os vestixios dos poboados celtas, entre outros moitos atractivos. O paseo entre viñedos e a travesía en barco culminarán cunha degustación de viños e conservas gourmet de peixe espada e atún, elaboradas de forma artesanal cos produtos obtidos polos pescadores de Orpagu.

O punto de partida de “Do Mar á Viña” en cada un dos tres días da súa celebración será a Enotienda de Adegas Terras Gauda, desde onde os participantes sairán cara ao porto da Guarda. Alí esperan dúas embarcacións para iniciar o percorrido por mar. Do Atlántico ao Miño, río arriba ata Goián. E desde aí, tras a experiencia visual, retorno á adega para satisfacer o olfacto e o padal.

En Terras Gauda procederase a unha cata con tres viños de cásaa -Abadía de San Campio, Terras Gauda e A Mar- e a un delicioso aperitivo que protagonizarán as Conservas Gourmet de Orpagu.

Para obter máis información e inscribirse no evento, xa que o aforo é limitado, pódeno facer desde a páxina web de Terras Gauda, na seguinte dirección:

https:// terrasgauda. com/enoturismo/experiencias/do-mar-a-a- vina/

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.