spot_img
InicioBaixo MiñoOnce mulleres amosan en Tui a súa obra pictórica na exposición “O...

Once mulleres amosan en Tui a súa obra pictórica na exposición “O despertar dos sentidos”

Once mulleres amosan en Tui a súa obra pictórica na exposición “O despertar dos sentidos”Hoxe inaugurouse na Oficina Municipal de Turismo de Tui a exposición “O despertar dos sentidos” organizada pola Asociación Cultural Tyde coa colaboración do Concello de Tui.  Presenta a obra pictórica de once mulleres pertencentes a Asociación Cultural Tyde.

Revista COUSAS DE nº14

María Fernández, María Garrido, Emilia González, Teresa Ruano, Isabel G. De Haro, Conchi Alonso, Mª Carmen Baquero, Fina Saa, Mª José Rodríguez, Loli González e Pilar Pereira amosan os seus cadros nos que plasman dende paisaxes ata bodegóns e dende retratos ata imaxes abstractas. A técnica empregada na maioría é a acuarela.

No acto inaugural estiveron esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quixo felicitar ás artistas salientando o seu traballo e a súa actividade. Di o rexedor que, á marxe do sentido cultural, tamén é salientable a súa acción en canto tecido asociativo, que aporta ese sentido máis social.

Pola súa banda a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, felicitou ás integrantes deste colectivo pola creación de “rede”, ao tempo que as felicitou polas obras que agora presentan publicamente.

A Asociación Cultural Tyde está conformada por un grupo interxeneracional, coa integrante máis nova de 14 anos. Reúnese cada martes no baixo do edificio da Seguridade Social, fronte á igrexa da Misericordia, onde pode achegarse en horario de mañá ou tarde calquera interesado ou interesada, xa que aínda que na actualidade está conformada so por mulleres está aberta tamén á participación masculina.

A exposición “O despertar dos sentidos” está aberta na Oficina Municipal de Turismo de Tui ata o 31 de outubro, en horario de 9:30 h a 14 h e de 16 h a 19 h de luns a domingo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.