
O Concello de Baiona organiza o vindeiro 8 de xullo a oitava edición da Travesía a Nado en colaboración coa Piscina Mancomunada do Val Miñor. O prazo de inscrición finaliza o mércores 5 de xullo ás 12.00 horas.
O vindeiro 8 de xullo, a partir das 17.00 horas, desde a praia da Ribeira, partirá unha nova edición da Travesía a Nado Concello de Baiona. A proba organízase en varias categorías e distancias de carácter mixto: sub 12 – 200 metros (nados no ano 2005) a partir das 17.00 horas na praia da Ribeira; sub 16 – 500 metros (2004 – 2001) ás 17.15 h tamén na praia da Ribeira, e adultos (1977 – 2000) e veteranos (1976) cunha distancia de 1.900 metros e saída ás 18.00 horas dende a praia da Barbeira e chegada na Ribeira.
Establécense trofeos para os tres primeiros clasificados, tanto en categoría masculina como feminina. Tamén haberá clasificación absoluta e clasificación para os participantes censados en Baiona e entregásense agasallos e avituallamentos a todos os participantes a través dos patrocinadores e colaboradores: Coca Cola, Area, Carrefour, Cardio Bayona, Frutas María Vilar, La Caixa, MRCY de Baiona, Parador Conde de Gondomar, Protección Civil, WetSports Ladeira, Waira e Portos de Galicia.
Para formalizar as inscricións deberán dirixirse fisicamente ao Pavillón Municipal de Baiona, á Piscina Mancomunada do Val Miñor ou través da plataforma informática de www.championchipnorte.com. Establécense os teléfonos de información 986 356 558 – 986 353 677 ou tamén a través do correo deportes@baiona.org e piscinavalminor@serviocio



