Inicio Pontevedra Baixo Miño Oia estrea sinalización turística na contorna do Mosteiro e o barrio histórico

Oia estrea sinalización turística na contorna do Mosteiro e o barrio histórico

Oia estrea sinalización turística na contorna do Mosteiro e o barrio históricoO municipio pontevedrés de Oia vén de estrear a sinalización turística da contorna do Mosteiro de Santa María de Oia e o barrio histórico do Arrabal.

As actuacións desenvolvidas inclúen a instalación de 9 placas informativas en distintos puntos do Arrabal, dun tótem de benvida ao mosteiro e dunha mesa interpretativa na Praza da Centinela; así como a implantación dunha plataforma que permite acceder a contidos turísticos online a través de tecnoloxías QR e NFC.

Esta nova sinalización é froito dun conxunto de actuacións que contou cun investimento total de 28.070,08 euros por parte do Concello.

Deste xeito o Concello de Oia dota de sinalización uns enclaves de especial interese patrimonial e turístico, como son o conxunto monacal e o barrio histórico do Arrabal, por onde transcorre un tramo do Camiño Portugués pola Costa.

Plataforma turística

Dentro do conxunto de actuacións levadas a cabo figura a sinalización turística do Arrabal a través de 9 placas informativas e a implantación da plataforma iBeaken turismodeoia.mobi. Este sistema emprega tecnoloxías QR e NFC para ofrecer contidos dixitais adicionais, ao mesmo tempo que permite acceder a audioguías en varios idiomas e facer un seguimento autónomo mediante tecnoloxía GPS.

Estes traballos supuxeron unha inversión total de 14.421,20 euros, que o Concello de Oia financia a través dunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia para a mellora de infraestruturas turísticas (9.373,78 euros) e de préstamos sen xuros da Deputación de Pontevedra (5.047,42 euros).

Outras actuacións

As actuacións en materia de sinalización tamén incluíron a colocación dun tótem de aceiro galvanizado á entrada do conxunto monacal e dunha mesa interpretativa de 5 metros de lonxitude na Praza da Centinela; dúas estruturas que estiveron xa operativas no verán. O tótem mostra textos sobre o cenobio, mentres que a mesa destaca os principais atractivos patrimoniais e turísticos de cada parroquia de Oia a través de ilustracións.

Estes traballos supuxeron un investimento de 6.360,97 euros, financiados a través dunha subvención para a rehabilitación do patrimonio histórico e cultural concedida pola Deputación de Pontevedra (Cultura e Lingua). A maiores, o Concello aportou un total de 7.287,91 euros para a construción das bases de suxeición das dúas estruturas.

Revalorizar o patrimonio e dinamizar o turismo

O conxunto de actuacións desenvolvidas na contorna do Mosteiro e o Arrabal inclúense dentro de medidas previstas polo Concello de Oia co obxectivo de revalorizar o patrimonio cultural en todo o municipio e dinamizar o turismo.

Á hora de desenvolver as actuacións de sinalización tamén se contou coa colaboración de Fernando Javier Costas Goberna e Manuel Ángel Pombal, veciños aos que o Concello de Oia quere trasladar o seu agradecemento. Ambos os dous forman parte da Asociación Costa dos Castros e doutros colectivos da zona. Concretamente, Costas Goberna é membro de Acamo (Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia) e Manuel Ángel Pombal de Anabam (Asociación Naturalista Baixo Miño).

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
272SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies