spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraO TSXG condena a Xunta a rehabilitar o Pazo de Lourizán

O TSXG condena a Xunta a rehabilitar o Pazo de Lourizán

Pazo de Lourizán

O TSXG estima o recurso da Deputación e, amais de impoñerlle as costas, condena á Xunta a cumprir coa súa obriga de realizar as obras de conservación necesarias na zona nobre do conxunto da Finca tal e como determinan os convenios entre ámbalas dúas administracións

A sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo emitiu unha sentenza o pasado 1 de febreiro na que obriga á Administración galega a desenvolver os traballos, xa que “non se evidencia a imposibilidade de execución das obras”.

Con esta resolución, o TSXG dá a razón á Deputación de Pontevedra, estimando o recurso que presentou a institución provincial o 30 de xullo de 2019 para que o Goberno galego adoptase as súas responsabilidades, dando así cumprimento ao acordo do pleno provincial que ordenou o inicio inmediato de accións legais dada a inacción da Xunta cos compromisos adquiridos.

A sentenza baséase aos termos estabelecidos nos convenios de cooperación (1991) e aproveitamento (2000) asinados por ambas as dúas administracións, tal e como sempre defendeu a Deputación. Tamén impón á Administración galega as custas procesuais e deixa claro que “non hai ningunha dúbida sobre a obriga da Administración galega de efectuar as obras de conservación do pazo de Lourizán”. No texto, o tribunal afirma que “está acreditada a existencia da obriga, a cargo da Administración galega, de efectuar as obras de conservación necesarias para o mantemento da zona nobre do actual conxunto, e de que dita obriga está sendo incumprida” cando “non se evidencia a imposibilidade de execución das obras”.

Pola súa parte, a Xunta respondeu á sentenza do tribunal afirmando que as obras de conservación xa están en marcha.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.