spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Trofeo Baitra reunirá en Baiona aos mellores regatistas galegos de vela...

O Trofeo Baitra reunirá en Baiona aos mellores regatistas galegos de vela infantil

o-trofeo-baitra-reunira-en-baiona-aos-mellores-regatistas-galegos-de-vela-infantilUns 60 deportistas menores de 20 anos daranse cita este fin de semana na baía de Baiona nunha competición que busca impulsar a vela infantil en Galicia

O próximo fin de semana regresa a Baiona unha das citas anuais máis importantes coa vela de base en Galicia, o Trofeo Baitra de vela infantil, organizado un ano máis por Monte Real Club de Yates co patrocinio da empresa baionesa Baitra Accesorios Navais.

Nesta nova edición da competición, uns sesenta novos regatistas representarán aos principais clubs náuticos de Galicia, como o Real Club Náutico de Vigo, o Real Club Náutico de Sanxenxo, o Club Marítimo de Canido, o Real Club Náutico Rodeira (Cangas) ou o Monte Real Club de Yates, como club anfitrión.

A vela fluvial tamén estará presente da man do Club de Vela As Pontes; e a bandeira de Portugal ondeará nas embarcacións dos alumnos da Escola de Vela BBDouro – We Do Sailing, que chegarán a Baiona desde Vila Nova de Gaia.

As regatas, organizadas para as clases A, B e C de Optimist e as categorías Sub 17 e Sub 19 de 420, disputaranse durante dúas xornadas, o sábado 20 a partir das dúas e media da tarde e o domingo 21 desde as once e media, sempre en augas da baía baionesa.

O comité de regata preparará para os participantes varios percorridos delimitados con aboias sobre un campo en forma de trapecio, que se poderá divisar desde a península do Monte Boi e as praias e montes máis próximos á baía. Ao finalizar as seis probas programadas, as instalacións do Monte Real acollerán a entrega de premios aos gañadores, prevista para o domingo ás catro e media da tarde.

Na edición anterior do Trofeo Baitra, celebrada en 2016, alzouse coa vitoria o novo regatista do Club Marítimo de Canido Ricardo Fernández, de apenas 12 anos. Os tres primeiros postos que logrou nas cinco mangas disputadas elevárono todo o máis alto do podio, tanto da xeral como da clase Optimist A.

A edición de 2016 tamén se celebrou, do mesmo xeito que a presente, grazas ao patrocinio de Baitra, unha empresa dedicada á comercialización e distribución de accesorios e equipos navais de calidade, con sede en Baiona, que desde hai anos mantén unha firme aposta pola vela infantil en Galicia.

TROFEO BAITRA DE VELA INFANTIL
Baiona, 20 e 21 de maio de 2017

Sábado 20 de maio

10:00 Apertura da oficina de regatas
13:00 Reunión de comités e adestradores
14:30 Saída da primeira proba do día

Domingo 21 de maio

11:30 Saída da primeira proba do día
16:30 Entrega de premios no MRCYB

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.