Inicio Baixo Miño Henar Alonso, gañadora do concurso de camisetas de Tomiño por mor do...

Henar Alonso, gañadora do concurso de camisetas de Tomiño por mor do Día das Letras Galegas

henar-alonso-ganadora-do-concurso-de-camisetas-de-tomino-por-mor-do-dia-das-letras-galegas“A idea principal que tiña en mente era facer unha camiseta que a xente quixera pór todo o ano, non só o 17 de maio”

Henar Alonso, natural de A Guarda, 37 anos, deseñadora gráfica freelance, foi a gañadora do concurso de camisetas que cada ano convoca a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Tomiño con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

Con 18 anos marchou a Canarias, a súa segunda terra, onde permaneceu 13 años e estudou deseño gráfico en Lanzarote (Escola de Arte Pancho Lasso de Arrecife). Mentres, traballou en moitas cousas, e ao rematar os seus estudos decidiu volver a Galicia.

Este é o primeiro ano que presentou propostas ao concurso. E saíulle ben, “A idea principal que tiña en mente era facer unha camiseta que a xente quixera por todo o ano, non só o 17 de maio.
Vexo con preocupación como as novas xeracións se distancian do galego no uso cotiá.
Con este deseño, dende a miña modesta posición, tento fomentar o orgullo por falar a nosa lingua”, explica Henar cando se lle pregunta polo seu deseño.

E continúa: “creo que igual ca min, a moita xente lle preocupa o futuro do galego; dende fai varios anos participo nas actividades do 17 de maio en Tomiño, que o meu deseño estea este ano nas camisetas faime moita ilusión”.

A xove deseñadora agradece ao Concello que elixira a súa proposta, especialmente á OMIX e resto do xurado.

Dende a OMIX informan que este ano presentáronse a concurso 8 deseños; todos eles con “moito nivel”, polo que a decisión foi realmente difícil. O xurado, formado polo concelleiros de Mocidade, Cultura e Deportes e voluntarios/as da OMIX, tivo en conta non so aspectos técnicos da proposta (unha soa cor sobre fondo branco) senón tamén o feito de que estivera relacionada co Día das Letras.

Mañá, día 17, repartiranse 700 camisetas co logo gañador do concurso, entre as persoas que participen nalgún dos obradoiros e actos programados (non estarán á venda).

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies