spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona e Pornic estreitan lazos coa firma que ratifica o irmandamento acordado...

Baiona e Pornic estreitan lazos coa firma que ratifica o irmandamento acordado hai dúas décadas

Baiona e a localidade francesa de Pornic deron a pasada fin de semana un paso máis para estreitar os seus lazos coa firma que ratifica o irmandamento acordado hai dúas décadas entre ambas dúas vilas. O rexedor baionés, Ángel Rodal, acudiu á rexión da Bretaña invitado polo seu homólogo, Jean Michel Brard, para participar nos actos conmemorativos do 20 aniversario.O alcalde, Ángel Rodal, firma a ratificación do acordo e asiste aos actos de celebración na localidade francesa

Baiona e a localidade francesa de Pornic deron a pasada fin de semana un paso máis para estreitar os seus lazos coa firma que ratifica o irmandamento acordado hai dúas décadas entre ambas dúas vilas. O rexedor baionés, Ángel Rodal, acudiu á rexión da Bretaña invitado polo seu homólogo, Jean Michel Brard, para participar nos actos conmemorativos do 20 aniversario.

“Nos últimos 20 anos  os  gobernos de Pornic e Baiona logramos promover intercambios en materia cultural, turística, deportiva, medioambiental e de educación. Este irmandamento naceu co desexo de compartir, intercambiar, apoiar e, como non, desenrolar actividades de forma conxunta para que os cidadáns tivesen a oportunidade de establecer vínculos de amistade”, sinalou Rodal durante o seu discurso en Pornic.

Durante a fin de semana tamén se celebraron diferentes actividades nas que participaron bandas de música de Baiona e de Pornic nas rúas da localidade gala. Ademais, organizouse unha exposición co motivo do aniversario.

Baiona está irmandada dende 1997 con Pornic, localidade da Bretaña francesa de características similares á Real Vila, polo que son habituais os intercambios culturais, deportivos e educativos. En materia náutica celébrase a regata de vela que une os dous municipios.

O pasado mes de febreiro, días antes da celebración da Festa da Arribada, unha delegación de Pornic acudiu a Baiona e agasallou ao Concello un cadro da localidade bretona en conmemoración do vixésimo aniversario do seu irmandamento.

- Publicidade -spot_img