spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaO territorio do Miño "abre unha guerra reivindicativa" para reclamar que os...

O territorio do Miño “abre unha guerra reivindicativa” para reclamar que os fondos POCTEP se destinen realmente ás zonas de fronteira

Deputación, CIM Alto Minho e AECT Rio Minho asinaron hoxe unha declaración conxunta que enviarán á UE, aos estados centrais e á Xunta O territorio do Miño transfronteirizo abriu hoxe “unha guerra reivindicativa” para reclamar que os fondos do próximo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza de España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 da Unión Europea se destinen realmente e de maneira prioritaria ás zonas de fronteira. Consideran que o 75% dos fondos debe investirse no territorio a menos de 50 quilómetros da raia e debe crearse unha convocatoria específica para un proxecto centrado no Miño.

Como primeiro acto de forza desta ‘guerra’, a presidenta da Deputación Carmela Silva, o presidente da CIM Alto Minho Manuel Batista, e o director do AECT Rio Minho Rui Teixeira, acompañados de máis dunha vintena de alcaldesas, alcaldes e presidentes dos concellos e câmaras miñotos, asinaron hoxe unha Declaración Conxunta coa reclamación económica.

Deputación, CIM Alto Minho e AECT Rio Minho asinaron hoxe unha declaración conxunta que enviarán á UE, aos estados centrais e á Xunta 

O documento de hoxe sumase ás alegacións oficiais xa presentadas nos meses anteriores. Será remitido tanto á Unión Europea  como, de maneira específica, aos gobernos centrais de Madrid e Lisboa e á Xunta de Galicia, por ser as entidades que desenvolveron as bases do actual programa operativo, pendente aínda de aprobación final. As reivindicacións, anunciaron, non pararán na vía e institucional: nas vindeiras semanas vanse poñer en marcha unha campaña divulgativa e organizaranse máis actos reivindicativos públicos.

Na reunión deixouse claro que a petición do territorio do Miño de solicitar os fondos POCTEP  ten un doble motivo. O primeiro, a lóxica e a coherencia , posto que os fondos europeos de Cooperación Transfronteiriza, como o seu nome indica, naceron no seu momento para compensar os territorios de fronteira por non poder interrelacionarse economicamente debido aos límites administrativos. Afirmouse que non ten sentido que, como acontece agora – e como defenden tanto os estados centrais como a Xunta incluso fronte ás recomendacións comunitarias-, se admitan como territorios beneficiarios zonas como Sevilla, Córdoba ou Valladolid, ou todo o territorio portugués salvo a área metropolitana de Lisboa, todos eles moi lonxe da fronteira.

Deputación, CIM Alto Minho e AECT Rio Minho asinaron hoxe unha declaración conxunta que enviarán á UE, aos estados centrais e á Xunta

O segundo motivo para reivindicar os fondos POCTEP para os territorios da ‘raia’ é a urxente necesidade de compensación polo peche de fronteiras durante a pandemia da COVID-19, que creou un duplo impacto económico negativo demostrado en diferentes estudos universitarios. “Se sempre tivo que ser así, os fondos para a fronteira, agora aínda máis”, dixeron.

O director do AECT Rui Costa, xunto co vicedirector Uxío Benítez, explicou que a declaración conxunta de hoxe asinouse para defender os intereses das e dos 376.000 habitantes da rexión miñota e das 13.000 persoas traballadoras transfronteirizas da zona, pola que pasa máis do 50% do tráfico entre España e Portugal.

Insistiu en que o AECT ten unha ‘Estratexia 2030’ para implementar e subliñou que “hoxe estamos aquí porque non podemos deixar pasar a oportunidade do programa POCTEP dirixido ás rexións de fronteira”. Insistiu en que as rexións onde impactou o COVID 19, que sufriron doblemente, teñan prioridade no acceso para combater e minorizar o impacto negativo do peche da fronteira, e solicitou ademais que o AECT Rio Minho sexa un instrumento recoñecido prioritario na xestión dos fondos comunitarios.

Deputación, CIM Alto Minho e AECT Rio Minho asinaron hoxe unha declaración conxunta que enviarán á UE, aos estados centrais e á Xunta

“Estamos a defender o noso territorio. Unidos, a defender a nosa forza. Estamos unidos na defensa dos intereses da nosa rexión. Non imos calar. Non entraremos nunha guerra bélica, pero si de reivindicación, demostración e sensibilización. Imos facer o noso traballo para sermos valorizados e considerados e que se cumpran os nosos dereitos nos fondos POCTEP”.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, deixou moi claro que “non estamos dispostas a asumir que os fondos POCTEP sexan investidos en territorios que non son transfronteirizos” trala sinatura dunha declaración na que “estamos a esixir a todas as administracións competentes -Unión Europea, gobernos de España e Portugal e Xunta de Galicia- que se comprometan con estes fondos”.

Con encontros como o de hoxe “imos a facer todos os esforzos que sexan necesarios para que as administración competentes nos escoiten e entendan que todo este territorio depende da chegada deses fondos” e recalcou que os concellos desta zona “teñen moitas potencialidades e posibilidades de futuro” para as que son precisas os fondos POCTEP. Carmela Silva tamén reclamou que “se nos escoite máis ao mundo local e, neste caso, á AECT Río Miño que naceu obxectivo de lograr ter unha estratexia para todo o este territorio transfronteirizo”.

O presidente da CIM, Manuel Batista, indicou que o territorio do Miño “ten un enorme futuro e capacidade de crear riqueza e contribuír para o PIB de cada un dos países e construír un territorio capaz de renovarse e fixar nova xente e nova economía”. Lembrou que no Miño naceu o POCTEP e os fondos estruturais que hoxe todas as fronteiras de Europa utilizan como instrumento fundamental de cooperación.

“Ese instrumento é o que nós esiximos que teña unha atención moi especial para cos territorios de fronteira e o río Miño. Nesta esixencia seremos fortes. Facemos esta declaración conxunta e estamos xuntos aquí por esta xustiza absoluta que é que os diñeiros de cooperación veñan e se fixen aquí na fronteira. Non pedimos diñeiro por diñeiro. Estamos a pedir porque temos pensamento estratéxico. Sabemos perfectamente o que queremos e somos perfectamente capaces de deseñar os proxectos adecuados para que o diñeiro sexa ben utilizado no desenvolvemento dos nosos territorios”, apuntou Batista.

DECLARACIÓN CONXUNTA

- Publicidade -spot_img