Este sábado, día 22 de febreiro, terá lugar unha nova edición do Torneo de Dobres de Tenis de Mesa – Carnaval 2020 evento organizado pola Club Cinania M.T. e que conta coa colaboración da Concellaría de Deportes de Cangas do Morrazo.
O evento, que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Romarigo, trascorrerá en horario de 16.00/20.30 h, e nel prevese a participación de preto de 20 parellas, achegadas dende diferentes puntos da xeografía pontevedresa.
Haberá unha categoría única onde poderán participar parellas mixtas e a inscrición é GRATUITA
Para solicitar + información: 692 029 107 / cinaniatm@hotmail.com



