Inicio Alto Minho A Eurocidade Tui-Valença programa 6 'Andainas Saudables' e percorrer un tramo do...

A Eurocidade Tui-Valença programa 6 ‘Andainas Saudables’ e percorrer un tramo do Camiño Portugués a Santiago por etapas desde Porto

O Circuito das Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença contará este ano con seis percorridos. Amais realizarase o Camiño Portugués dende Porto a Tui en cinco etapas nos meses de maio, xuño e xullo

Seis percorridos conforman este 2020 o Circuíto de Andainas/Trilhos Saudables da Eurocidade Tui-Valença. Dende 2012 estase a desenvolver esta iniciativa que anualmente realiza diversas propostas para percorrer sendas tanto en Tui coma en Valença. As andainas está organizadas pola Eurocidade Tui-Valença xunto aos clubs  Club AndaTui Rego da Pedra e Club Celtas do Minho.A Eurocidade Tui-Valença programa 6 'Andainas Saudables' e percorrer un tramo do Camiño Portugués a Santiago por etapas desde Porto

O calendario previsto para este 2020 é o seguinte:

  • 15 de marzo – Trilho da Lampreia
  • 19 de abril – Andaina de San Telmo
  • 26 de abril – Trilho da Fortaleza
  • 18 de xullo – Ruta do Aloia ao Faro
  • 8 de agosto – Andaina Histórica de Tui
  • 5 de setembro – Balcóns do Aloia

Para participar nas andainas é preciso inscrición previa no formulario dispoñible na web www.andatui.es para cada un dos percorridos ou no enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com. O prezo para cada andaina/trilho é de 6 euros por persoa, sendo de 4€ para os menores de 14 anos.

Camiño Portugués entre Porto e Tui

Por outra parte a Eurocidade Tui-Valença volve a organizar a realización do Camiño Portugués a Santiago por etapas. Este ano será no tramo dende Porto até Tui en cinco domingos nos meses de maio, xuño e xullo.  O calendario establecido é o seguinte:A Eurocidade Tui-Valença programa 6 'Andainas Saudables' e percorrer un tramo do Camiño Portugués a Santiago por etapas desde Porto

  • 10 de maio – Oporto – Vilarinho (25 quilómetros)
  • 24 de maio – Vilarinho – Barcelos (26 quilómetros)
  • 7 de xuño – Barcelos – Vitorino de Piães (22 quilómetros)
  • 5 de xullo – Vitorino de Piães – Agualonga (27 quilómetros)
  • 26 de xullo – Agualonga – Tui (25 quilómetros)

As inscricións para a realización do Camiño Portugués Porto-Tui poden realizarse na web www.andatui.es até completar as 50 prazas ofertadas. O prezo por persoa é de 25€ incluíndo o transporte, froita e auga en cada etapa.

Estes dous proxectos – o Circuíto de Andainas Saudables e a realización do tramo Porto-Tui do Camiño Portugués – contan co financiamento do programa Interreg España Portugal, ao igual que o conxunto das actividades do Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valença no marco do proxecto Unicidade 2020.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies