spot_img
InicioVal MiñorNigránO alcalde de Nigrán asume en Bilbao a vicepresidencia da Confederación de...

O alcalde de Nigrán asume en Bilbao a vicepresidencia da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidaridade de toda España

O alcalde de Nigrán asume en Bilbao a vicepresidencia da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidaridade de toda EspañaO rexedor nigranés, presidente do Fondo Galego desde 2015, traspasa a presidencia da Confederación ao Fons Catalá na derradeira asemblea do mandato 2017-2020 e asume a vicepresidencia

O alcalde de Nigrán, Juan González, asumiu esta mañá en Bilbao a vicepresidencia da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade de toda España na derradeira asemblea do mandato 2017-2020 e á que asistiron representantes de todas as entidades. O rexedor, presidente do Fondo Galego desde 2015, exercía como presidente da Confederación nacional desde 2017, repetindo no 2018 por vez primeira na historia ao ser un cargo tradicionalmente rotatorio. Agora, neste encontro no Palacio Yohn-La Bolsa, traspasou a presidencia ao Fons Catalá coa alcaldesa de Santa Coloma de Gramanet ao fronte e asumíu a vicepresidencia.

“Esta nova elección significa un respaldo ao noso labor no Fondo Galego e na Confederación. Esta é a mellor imaxe que podemos proxectar de Nigrán cara ao exterior: un municipio que se preocupa polas desigualdades Norte/sur e que asume responsabilidades para loitar na súa erradicación. Para o Concello é unha honra e unha oportunidade magnífica para dar a coñecer o noso traballo”, sinala González, quen se amosa especialmente orgulloso de volver a asumir responsabilidades a nivel nacional, xa que como el mesmo destaca, a súa traxectoria profesional está dende sempre vinculada á cooperación, dirixindo a Fundación Érguete durante 17 anos ou asumindo no goberno de Nigrán a carteira de Servizos Sociais no primeiro mandato no Concello e, neste segundo, a Axenda 2030 de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (un dos primeiros municipios de Galicia en contar con esta carteira).

“Cando asumimos a Presidencia en novembro do ano 2017 propuxémonos como meta volver reactivar este espazo de encontro, debate, aprendizaxe e de unión da cooperación  municipalista. Apenas pasados dous anos e tres meses, podemos dicir que todos os Fondos tiñamos esta mesma mirada, xa que todos os Fondos mostráronse participativos, interesados e preocupados por reactivar e enriquecer este espazo. A pesar de ser consciente dos múltiples desafíos e obxectivos que nos quedan por cumprir, hoxe estamos un paso máis preto que no 2017 e isto merece que celebremos o éxito conseguido, pero que non decaiamos no propósito de manternos unidos con firmeza para defender e para visibilizar a cooperación  municipalista, en especial a realizada a través dos Fondos”, sinalou González na súa intervención esta mañá.

O rexedor participará tamén, como presidente do Fondo Galego, nas xornadas de cooperación descentralizada para o desenvolvemento que, durante hoxe e mañá, se celebran en Bilbao e que serán inauguradas polo lehendakari Íñigo Urkullu.

- Publicidade -spot_img