spot_img
InicioBaixo MiñoABANCA mobiliza 250 millóns para impulsar os proxectos dos espazos industriais da...

ABANCA mobiliza 250 millóns para impulsar os proxectos dos espazos industriais da área de Vigo

ABANCA mobiliza 250 millóns para impulsar os proxectos dos espazos industriais da área de VigoO banco reúne aos representantes dos principais polígonos do sur da provincia para escoitar as súas necesidades e comprometerse coas súas demandas

A entidade financeira redobra o seu compromiso coas principais áreas industriais da zona de influenza de Vigo e lanza unha liña de crédito adicional de 250 millóns, que se poderá ampliar en 100 millóns se se esgota. Esta é unha das propostas máis destacadas do banco para as empresas emprazadas nestes polos produtivos e deuse a coñecer durante un encontro organizado polo banco no que participaron os representantes de 11 áreas industriais do sur da provincia.

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, foi o encargado de contar en detalle ao colectivo este plan de crédito que o banco presenta por terceiro ano consecutivo. Como en anteriores edicións, esta liña adicional de financiamento diríxese ás empresas das principais áreas industriais de Vigo, O Porriño, Mos, Tui, Gondomar, Salvaterra e Nigrán. Na súa representación participaron Roberto Cavallo, presidente da Asociación de Empresarios Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares; Giorgio Casoni, presidente da Asociación Empresarial Áreas de Tui; José Manuel Rodríguez, xerente da Asociación de Empresarios A Pasaxe; Santiago Gomara, presidente da Asociación de Empresarios As Gándaras; Manuel Castro, presidente da Asociación de Empresarios de Mos (que agrupa os polígonos mosenses da Veigadaña e O Rebullón); David Sobral, xerente da Entidade Urbanística de Conservación A Granxa; Juan Carlos Lemos, presidente da Asociación de Propietarios e Empresarios do Polígono Chan da Ponte de Salvaterra e David Regades, delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo (en representación das áreas industriais de Balaídos, Porto do Molle en Nigrán e Área Portuaria de Bouzas).

A liña de crédito adicional de 250 millóns instrumentalízase tanto a través de produtos pensados para captar investimentos ou mellorar a competitividade das empresas, como para dar resposta ás necesidades da actividade diaria. No primeiro caso, as empresas destas áreas industriais poderán dispor de financiamento flexible, con amplos prazos de amortización e con posibilidade de introducir carencias, a través de préstamos ou leasing mobiliario. Nesta mesma liña, inclúense distintas alternativas de financiamento oficial a través dos programas do ICO e do Igape.

O convenio inclúe tamén produtos deseñados para responder ás necesidades correntes, a través de pólizas de crédito, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais, segundo as súas necesidades. Todo iso sen esquecer as fórmulas de financiamento específicas para impulsar os intercambios comerciais con outros países. En definitiva, unha ampla proposta que se adapta a todas as empresas, independentemente das súas necesidades.

Unha entidade ao carón das empresas

Tras a firma dos convenios coas áreas industriais da contorna de Vigo, o acto enfocouse en coñecer os retos e desafíos que afrontan as empresas do sur da provincia de Pontevedra no seu día a día. O director territorial de ABANCA referendou o compromiso da entidade financeira co tecido produtivo de Vigo e o seu ámbito de influenza e incidiu na oferta de valor do banco, que une produtos a medida e xestores altamente formados. Con este novo paso, o banco afianza a súa posición como entidade de referencia nas principais áreas industriais de Galicia, que constitúen un dos elementos máis relevantes do tecido produtivo autonómico.

Pero o acto cos empresarios non só serviu para renovar o convenio de colaboración que manteñen con ABANCA. Os máximos responsables das áreas industriais subscribiron un acordo que inclúe vantaxes á hora de realizar estudos de grao e posgrao e programas a medida no Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE). Esta colaboración amplíase con medidas de financiamento específicas de ABANCA para estes programas formativos especializados.

- Publicidade -spot_img