spot_img
InicioReportaxesO Secretario Xeral da ONU urxe a negociadores a alcanzar un...

O Secretario Xeral da ONU urxe a negociadores a alcanzar un consenso para o acordo sobre cambio climático

secretario-xeral-da-onu-urxe-a-negociadores-a-alcanzar-un-consenso-para-o-acordo-sobre-cambio-climatico
Secretary-General Ban Ki-moon attends/speaks at Opening of High-Level Segment of COP21.

Ban Ki-moon urxiu hoxe aos ministros e negociadores reunidos na Conferencia de Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP21) a non desperdiciar a oportunidade de alcanzar en París un acordo que transforme o futuro.

Nunha conferencia de prensa no marco dese cumio, Ban Ki-moon, subliñou que se requiren accións decisivas xa que o mundo non pode permitirse decisións a medias ou demoras neste campo.

Ban lembroulles que quedan menos de catro días para que conclúa a reunión e lamentou que aínda existan temas difíciles de aprobar.

“Pídolles compromiso e participación construtiva para que podamos chegar a un consenso. Os intereses nacionais de cada país poden e serán mellor atendidos se traballamos polo ben común”, declarou.

O titular da ONU indicou que os compromisos nacionais son benvidos como un punto de partida, pero aclarou que son insuficientes para alcanzar o obxectivo de limitar o aumento da temperatura a dous graos centígrados.

“Debemos ir máis lonxe e máis rápido”, puntualizou Ban.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.