spot_img
InicioVal MiñorBaionaO roteiro musical “Sons do Casco” encherá de música o fin de...

O roteiro musical “Sons do Casco” encherá de música o fin de semana de Baiona

O roteiro musical “Sons do Casco” encherá de música o fin de semana de BaionaO Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, organiza un novo roteiro musical “Sons do Casco” co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de lecer baionesa. Este roteiro musical que terá lugar o venres e sábado, 16 e 17 de setembro,  leva consigo dous días repletos de música en directo na que participarán un total de 10 grupos musicais con diferentes estilos que buscarán encher de música a Vila.

Revista COUSAS DE nº14

As actuacións celebraranse en seis escenarios distintos situados na Alameda Carabela Pinta, Praza Pedro de Castro, Rúa do Reloxo, Rúa Diego Carmona, Praza do Pai Fernando e  a Praza Fonte de Zeta.

“Con iniciativas como estas queremos participar na reactivación económica do municipio. Queremos que non se perda o emprego, que nos se perdan negocios. Queremos axudar á hostalería e aos comerciantes baioneses.  Con esta  atractiva programación  queremos seguir atraendo, sempre de maneira segura, xente a Baiona e ofrecerlle á cuidadanía local unha alternativa de lecer distinta.  O roteiro musical Sons de Casco forma parte da programación da axenda cultural Baiverán, unha completa programación que ofreceu todo tipo de espectáculos para todos os públicos ao longo dos meses de xullo, agosto e tamén o fará en setembro. Unha opción de lecer gratuíta para o goce os veciños e veciñas do municipio e para aquelas persoas que se acheguen á localidade”, destaca o Alcalde, Carlos Gómez Prado.

Tanto o Alcalde, Carlos Gómez, como a Concelleira de Cultura, Miriam Costas,  fan un chamamento á participación no evento.        Unha oportunidade única para gozar da música en directo nun enclave único o Centro histórico de Baiona,   declarado Conxunto de Interese Histórico-Artístico pola Dirección Xeral do Patrimonio  en 1993”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.