spot_img
InicioCondado ParadantaA ParadantaLuis Pìña recibe no Concello aos oficiais da Brigada "Galicia" VII de...

Luis Pìña recibe no Concello aos oficiais da Brigada “Galicia” VII de Pontevedra encargados do operativo despregado na Cañiza

Luis Pìña recibe no Concello aos oficiais da Brigada Galicia VII de Pontevedra encargados do operativo despregado na CañizaTrátase dunha operación de reforzo para loitar e previr os incendios forestais, posta en marcha o pasado 15 de agosto e activa ata o vindeiro 30 de setembro

Revista COUSAS DE nº14

O Xefe de Patrullas ­­­­­­­­­­­­­­Sargento Fernando Gomes García e o Oficial de Enlace da provincia de Pontevedra, ­­­­­­­­­­­­­­­Teniente Álvaro Señorans Cadenas, da BRIGADA «GALICIA»VII de Pontevedra,  informaron a Luis Piña,  alcalde da Cañiza sobre esta estratexia que permanecerá activa ata o 30 de setembro co despregamento inicial de 30 patrullas terrestres nas zonas da comunidade con maior actividade incendiaria, unha delas nas comarcas do Condado – Paradanta, con sede única na Cañiza e que integra todos os Concellos do Distrito XVII e o Concello de Melón, pertencente ao Distrito XI Ribeiro – Arenteiro.

Ademais das labores de vixiancia continua, os efectivos militares despregados están realizando unha importante acción de disuasión e visibilidade. Este sistema de prevención efectiva se fundamenta na disposición dun sistema de detección e alerta temprana que permite a actuación dos equipos en tempo e forma.

Nesta reunión o Piña agradeceu a “esencial labor que o Exército leva desenvolvendo nestes anos na loita contra os incendios, corroborado polas estadísticas que marcan un importante descenso dos incendios nos nosos montes”. Tamén lle transmitiu aos oficiais “a vontade do consistorio de colaborar e traballar conxuntamente sempre que a situación o requira”, como así aconteceu neste verán.

- Publicidade -spot_img