spot_img
InicioBaixo MiñoO Rosal pon en valor a súa historia cunhas xornadas sobre patrimonio

O Rosal pon en valor a súa historia cunhas xornadas sobre patrimonio

O Rosal pon en valor a súa historia cunhas xornadas sobre patrimonioO vindeiro sábado o Concello fará na praza do Calvario unha homenaxe aos cabaqueiros

O Concello do Rosal pon en valor a súa historia coa creación da primeira edición de Xornadas sobre Patrimonio, unha serie de actividades que nacen co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor o patrimonio rosaleiro e do Baixo Miño en todas as súas manifestacións: dende o material ao inmaterial, representado en gran parte polos cabaqueiros. A alcaldesa, Ánxela Fernández,  explica que no Concello “estamos satisfeitos de poder comezar estas xornadas despois de telas suspendido en dúas ocasións pola pandemia”, e anima á veciñanza a asistir a uns actos que “nos ensinarán aspectos fundamentais para entender O Rosal de hoxe e para valorar o traballo dos rosaleiros e rosaleiras de onte”.

As xornadas comezan o vindeiro venres ás 19.30 horas coa charla “Sobre o barro e as telleiras” de Adela Leiro Lois, mestra e escritora galega especialista nas áreas de Ciencias Naturais e Expresión Plástica. É investigadora e divulgadora do patrimonio natural galego, entre os que destaca “Telleiras” (1993) e “Sobre o barro e as telleiras” (2008) .  Mentres que o sábado ás 18.00 horas na praza da Calvario o Concello organiza unha mostra de traballo da tella coa participación dos cabaqueiros do Rosal. Neste acto tamén se fará un recoñecemento a estes profesionais dun traballo histórico no municipio no que tamén participará Adela Leiro coa lectura do pregón.

As xornadas retomaranse o 19 de novembro ás 19.30 h cunha formación para coñecer ferramentas informáticas para o estudo de petroglifos no sur de Galicia cunha posterior visita aos xacementos do concello ás 21.00 h e o 26 de novembro o Concello organiza unha charla sobre arqueoloxía e astronomía ás 19.30 e unha saída para observar as estrelas ás 21.00 h.

Todas as actividades serán de balde para que todos os rosaleiros e rosaleiras “poidan desfrutar ao máximo do noso patrimonio, da nosa historia e, tamén, da nosa natureza”, conclúe a alcaldesa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.