spot_img
InicioBaixo MiñoO Rosal é parada do 'FalaRedes' esta fin de semana

O Rosal é parada do ‘FalaRedes’ esta fin de semana

Larraitz Urruzola e os seus monicreques pechan a súa xira co ‘Falaredes’ no Rosal. Unha estupenda oportunidade para repasar as vivencias infantís da cimeira das nosas letras: Rosalía de Castro

falaredes

O Rosal, última parada para ‘A viaxe de Rosalía’
‘A vaixe de Rosalía’, unha fermosa peza de monicreques que xa estivo en carteleira en once concellos galegos dende o pasado mes de marzo, pecha no Rosal o seu percorrido pola programación do ‘FalaRedes 2016’.

A cita será este sábado, as 18:30 horas, no auditorio da localidade. Coa obra coñeceremos máis da infancia de Rosalía de Castro, unha etapa crucial para saber máis da Rosalía escritora. Con música e monicreques, a recoñecida actriz Larraitz Urruzola lévanos a un mundo rosaliano que explica boa parte da nosa historia literaria e tamén do noso país.

Coma sempre no ‘FalaRedes’, en todas as localidades a entrada é libre e de balde ata completar a capacidade das salas.

O calendario de propostas e toda a información sobre a quinta edición do programa está xa dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal ), nas redes sociais e na Axenda de Cultura de Galicia.

‘FalaRedes 2016′

O programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’ chega á súa quinta edición con novas propostas para gozar do tempo libre en galego que se desenvolverán desde este mes e ao longo de todo o ano nos concellos da RDL.

Os obxectivos de ‘FalaRedes’ son ampliar a oferta de ocio na nosa lingua, promover o seu uso e valoración positiva, fornecer o ámbito municipal de actividades de lecer en galego e apoiar os artistas que desenvolvan o seu traballo no idioma propio de Galicia.

Ao longo das catro edicións anteriores, ‘FalaRedes’ chegou a todos os concellos que integran a RDL (que conta arestora con máis de 170 entidades adheridas), con preto de 700 actividades para público de diferentes idades.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.