spot_img
InicioBaixo MiñoO Rosal continua coa súa programación con motivo do Día Internacional da...

O Rosal continua coa súa programación con motivo do Día Internacional da Muller

Durante todo o ano, pero en marzo dun xeito especial xa que conmemórase o Día Internacional da Muller o día 8, a Concellería da Muller que dirixe Mª Carmen Alonso Alonso ten programadas diversas actividades:

11 de marzo: ás 12.00h inauguración da exposición de fotografías, aberta durante todo o mes

11 de marzo: ás 20.00 h proxección da obra Visións do proxecto Cinema e Muller

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA MULLERES NA HISTORIA

Ás 12.00 h no Salón de Exposicións do Concello do Rosal terá lugar a inauguración da exposición de fotografías antigas MULLERES NA HISTORIA que estará aberta durante todo o mes de marzo e parte de abril.

O horario de visita será de luns a venres de 10.00 a 14.00h en horario de mañá, e e polas tardes de 16.00 a 20.00 h.

Esta é a segunda edición desta exposición que acadou un grande éxito no ano pasado.

Nesta ocasión as fotografías están centradas no papel da muller na escola, polo que podemos atopar fotografías de gran valor histórico e sentimental.

Hai fotografías da construcción das escolas unitarias de cada barrio, do profesorado, individuais de nenas,dos primeiros anos de andadura do centro educativo Suárez Marquier,  da participación do alumnado nas olimpiadas escolares que marcaron a toda unha xeración de rosaleiros e rosaleiras.

Podemos atopar tamén fotografías da década dos anos 50 e 60 de nenas en escolas que xa nos existen.

Merecen un agradecemento especial todas aquelas persoas que colaboraron desinteresadamente na achega das fotografías

CINEMA E MULLER

Ese mesmo día ás 20.00 h no Auditorio Municipal do Concello do Rosal terá lugar a proxección de CINEMA E MULLER, coa estrea da película “Visións. Creadoras de cinema: Pontevedra”

Película colaborativa elaborada por dez creadoras galegas con temática e enfoque de xénero, que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha co fin de visibilizar o cinema feito por mulleres en Galicia.

Esta proposta pretende visibilizar ás creadoras do audiovisual galego, e fomentar a participación dás mulleres na cultura e na arte.

Esta obra colaborativa con temática de xénero “VISIÓNS”, foi elaborada por dez cineastas galegas. Carla Andrade, Bego Santiago, Carme Nogueira, Eva Calvar, Sonia Méndez, Lara Bacelo, Olaia Sendón, Diana Toucedo, Claudia Brenlla e Andrea Zapata Girau, que estará presente no acto para introducir a presentar a obra.

Andrea Zapata Girau é unha creadora nacida en Vigo. Estuda Comunicación Audiovisual en Barcelona e logo dun tempo realizando varios traballos de importancia no noso país, decide irse a vivir a Finlandia onde comeza a filmar os seus propios curtos e a indagar nos procesos de creación audiovisual.

Esta estancia no país nórdico marca a súa traxectoria pero ademais de crear e colaborar en festivales continúa formándose en España.

En 2009 realiza a súa primeira longometraxe “GUITARRA DE PALO” un documental estreado en 2013 no que participan recoñecidos creadores e artistas, e proxectado en múltiples festivales e espazos diversos.

Radio 3 cualificou esta obra como “Unha das mellores películas musicais de todos os tempos”.

En 2014 Andrea regresa Galicia e en 2016 participa co seu curto “Aava” no filme colaborativo “Visións”, comisionado por Xisela Franco e producido por Beli Martínez, veciña de A Guarda.

Nestes momentos prepara un longo de ficción que rodará entre a Galicia e o Harlem Negro, e termina de montar a próxima película de dirección finlandesa.

CARTAS DE AMOR OBRADOIRO PARA A MOCIDADE

Por cuestións de axenda, o obradoiro Cartas de Amor, dirixido á mocidade do Concello, foi realizado durante o mes de febreiro no CPI Suárez Marquier.

A educación está na base, polo que xunto con estes actos se levou a cabo o obradoiro de xénero  e a exposición “CARTAS DE AMOR” no CPI Manuel Suárez Marquier.

Gloria Serrato especialista en cuestión de xénero foi a encargada de levar a cabo o obradoiro co alumnado de 3º de ESO.

dibuxantes-de-reconecido-prestixio-participan-na-exposicion-cartas-de-amor-do-rosal

O Concello do Rosal colaborou na organización da exposición “Cartas de Amor” cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade. O recinto elexido é o CPI Manuel Suárez Marquier, xa que unido á exposición hai unha charla obradoiro impartida por Gloria Isabel Serrato ao alumnado de 3º da ESO.

Nos últimos anos detéctanse moitos casos de relacións de parellas entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal e incluso física.

Na busca de solucións preventivas e co obxectivo de atallar este problema, a Secretaría Xeral da Igualdade puxo en marcha unha serie de accións encamiñadas a facer reflexionar aos e ás adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse.

Con esta exposición, “Cartas de Amor”, preténdese establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella, e a crueldade que , ás veces vai asociada a elas. Para isto, fíxose unha proposta a debuxantes para que plasmasen nunha serie de situacións ou momentos que considerasen como violentos entre adolescentes, co obxectivo de por de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella.

Deste xeito aquí están os traballos dos dous premios nacionais de lustración, Miguel Calatayud e de cómic Paco Roca, no ano 2009; así como figuras galegas como Patricia Castelao, Pirusca, David Pintor e Óscar Villán. Tamén participan autoras e autores que están acadando grande éxito entre a xente máis nova como Eva Vázquez, Javier Olivares, Primitivo, Sonia Pulido, Jack Mircala ou Sergi San Julián. Ademáis o escultor Méndez, a escritora Anxos Sumai e o deseñador Fausto, únense a esta mostra con tres achegas diferentes.

XAMARAINA

O grupo de baile Xamaraina formado por nenos e nenas dos municipios do Rosal e a Guarda, actuou este domingo 5 de marzo no Auditorio Municipal do Rosal enchendo o aforo do local.

O espectáculo estivo formado por diferentes actuacións de temáticas moi variadas como as referentes a Frida Kalho, Dalí, o musical Sister Act, Pantera Rosa ou “Cuéntame un cuento”, coreografía realizada para a canción de Celtas Cortos, entre outras.

Un ano máis o espectáculo encandilou a pequenos e maiores.

Ó remate do acto, a concelleira Mª Carmen Alonso Alonso, fixo entrega dunha rosa a cada neno e nena participante, e un caravel a cada muller asistente

Esta é unha cita ineludible no calendario de actos do Concello do Rosal. Cada ano o alumnado de Xamaraina ten un compromiso con toda a población rosaleira que queira achegarse a desfrutar do seu arte.

 

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.