spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño destina case 100.000 euros para axudar ás asociacións culturais, deportivas ...

Tomiño destina case 100.000 euros para axudar ás asociacións culturais, deportivas e de carácter social, sen fins de lucro

tomino-acollera-este-xoves-o-acto-de-remate-do-proceso-participativo-do-grupo-de-desenvolvemento-local-14

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto até o vindeiro 3 de abril, no Rexistro Xeral do Concello

As bases para as subvencións municipais dirixidas a entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades culturais, deportivas e sociais, así coma a deportistas individuais, foron publicadas o pasado venres, 3 de marzo, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto no Concello de Tomiño durante 30 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación, rematando o día luns 3 de abril. O lugar de presentación é o Rexistro Xeral do Concello de Tomiño (Praza do Seixo, 1).

O ano anterior, beneficiáronse destas axudas, que proceden integramente de fondos municipais, unhas 60 asociacións culturais, deportivas e sociais e unha decena de deportistas individuais

As subvencións teñen como finalidade a concesión de subvencións entre as entidades culturais, deportivas ou de carácter social, sen ánimo de lucro (e tamén a deportistas individuais) e que reúnan os requisitos establecidos, que desenvolven proxectos ou actividades que en xeral contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais do municipio, así coma a promoción ou recuperación das tradicións locais, no caso das asociacións culturais.

No eido do deporte, as axudas non son so para asociación e clubs, senón tamén para aqueles deportistas individuais que participen en competicións.

No que respecta ás subvencións a entidades de carácter social, están destinadas a aquelas asociacións que organicen, sen fins de lucro, actividades para promover o benestar social dos cidadáns a través de accións de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadán, dentro do ámbito de intervención de Servizos Sociais e que se realicen durante o ano 2017.

Os beneficiarios poderán recibir como máximo o 80% do orzamento presentado sobre os gastos subvencionables.

A concesión de axudas reguladas nesta orde será atendida con cargo á aplicación orzamentaria nº 231.489.00 do exercicio orzamentario 2017 que conta cun orzamento total de 95.000, 00 euros, procedentes de fondos municipais.

No caso das entidades culturais e deportivas, as axudas teñen unha partida de 40.000, 00 euros cada unha, e nas de carácter social, de 15.000,00 €.

Esta convocatoria está subida á páxina web do Concello (www.tomino.gal), dende o pasado día 3 de marzo, día da súa publicación no BOPPO, así coma os formularios e anexos necesarios para solicitar as axudas.

O ano anterior, beneficiáronse destas axudas, que proceden integramente de fondos municipais, unhas 60 asociacións culturais, deportivas e sociais e unha decena de deportistas individuais.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explica que entre as prioridades do goberno local, está o de apoiar a actividades culturais e sociais organizadas pola propia veciñanza, así coma o esforzo desenvolvido polos clubs e deportistas tomiñeses, que traballan de maneira altruísta polo ben do municipio.

 

- Publicidade -spot_img