spot_img
InicioBaixo MiñoO Rosal asina o convenio de adhesión á Axencia de Protección da...

O Rosal asina o convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

O Rosal asina o convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade UrbanísticaA conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Alcaldesa asinaron o convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística co obxectivo de velar polo uso correcto do territorio e a protección da paisaxe

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, asinou esta mañá xunto á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e os rexedores dos concellos de Ames e Guitiriz a súa adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), o que garante un correcto uso do territorio e a protección da paisaxe. Nestes intres 89 municipios galegos están adheridos a esta axencia.

A APLU ten por obxectivo velar pola legalidade urbanística e o control das posibles infraccións, sendo un ente que está ao servizo dos concellos para garantir a protección do territorio e o respecto á legalidade vixente. Ángeles Vázquez explicou que, en virtude destes convenios, os concellos delegan na APLU as competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística relativas a obras que se executen sen licenza sempre que estean en solo rústico non urbanizable e solo urbanizable ou apto mentres non sexa aprobado o correspondente planeamento de desenvolvemento, e en núcleos rurais delimitados no PXOM. Por outro lado, a APLU transferirá ao concello un 10% do produto das multas coercitivas e sancións.

O obxectivo é seguir incorporando novos concellos a esta axencia e fomentar a colaboración cos concellos adheridos, xa que os resultados amosan que a actuación conxunta é sinónimo de éxito. A modo de exemplo, a conselleira argumentou que en 2019 -último balance completo dispoñible- baixaron o número de expedientes resoltos, o que denota un aumento da concienciación da poboación e un exercicio máis, o número de execucións subsidiarias, as realizadas polos particulares, foi dun 95%.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.