·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona entre os 100 destinos turísticos máis sostibles do mundo

Baiona entre os 100 destinos turísticos máis sostibles do mundo

Esta xornada atópase dentro do proxecto "Consultoría de Innovación para Pemes turísticas do municipio de Baiona, INNOVATUR BAIONA", promovido e subvencionado polo Concello de Baiona, Concellaría de Turismo, e pola Escola de Organización Industrial (EOI).A Vila de Baiona é un dos 100 destinos turísticos máis sostibles do mundo. Así o recoñeceu a organización internacional Green Destinations, que estes días celebrou a sexta edición das xornadas mundiais de destinos verdes (Global Green Destination Days) que, por motivos sanitarios, celebrouse de forma en liña.

Con este recoñecemento o comité internacional que elabora esta listaxe distingue á vila mariñeira , única na comunidade de Galicia dentro desta clasificación, e valora os esforzos realizados en materias como a protección do medio natural, a transición enerxética e a xestión de residuos ou a implicación social para a sustentabilidade, algo que Baiona comparte co resto de destinos.

O acceso de Baiona a esta lista de destinos medioambientalmente non é casualidade pois a real vila ten no seu haber unha infinidade de recurso naturais destacados como o carreiro litoral, as sendas fluviais, o espazo natural A Foz do Miñor, ou as súas praias. Tamén se tivo en conta o respecto pola cultura tradicional así como a hospitalidade das súas xentes e por supostos o labor dos establecementos turísticos, hostaleiros e comerciais da localidade que se adheriron ao Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) que día a día se esforzan enormemente por ofrecer turismo de gran calidade.

Ademais de ser o único destino de Galicia incluído entre estes 100 destinos turísticos sostibles, xunto con Baiona tan só cinco destinos do territorio español han entrado a formar parte desta listaxe: Noja (Cantabria), Berguedà (Cataluña), Pallars Jussà (Cataluña), Terres de l’ Ebre (Cataluña) e Torroella de Montgrí- L’ Estartit (Cataluña).

O Concello de Baiona iniciará os próximos días a recuperación da senda fluvial e a rede de saneamento que discorre baixo o río Fraga, en Baredo. Os temporais do inverno pasado provocaron danos nunha pasarela e na canalización de augas residuais, polo que será nestes puntos nos que se centrarán os traballos. Ademais colocaranse colectores de PVC nun tramo de 780 metros e a construción dun pequeno muro nun meandro do río. Os traballos levaraos a cabo a empresa Sergonsa Servizos S.L., que asinou esta semana o contrato. Teñen un custo de 254,692,90 euros, achegados pola Deputación de Pontevedra a cargo do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015. A empresa realizará o mantemento da senda durante 5 anos, ocuparase da restitución puntual de madeiras rotas, danadas ou que presenten danos, así como doutras incidencias que se poidan producir. Ademais, ofrece unha garantía de 240 meses. Prevese que a obra estea terminada en tres meses. ?Con esta actuación mellórase unha zona do municipio cun enorme potencial de atractivo natural. O Concello de Baiona aposta fortemente por impulsar o coñecemento do patrimonio ambiental e cultural das parroquias. ?, sinala Anxo Rodal, Alcalde de Baiona. O paseo fluvial de Baredo forma parte do percorrido polo que transcorre a senda fluvial e litoral do Concello de Baiona presentada este verán. Este itinerario é moi interesante para aquelas persoas que lles apaixonen a natureza. Ademais, As novas rutas ambientais, pola que transcorre a senda para reparar, veñen complementar a oferta turística e cultural da localidade.

 

Non é a primeira vez que a Villa forma parte desta clasificación. De feito, Baiona forma parte destes 100 destinos sostibles desde 2016, renovando este recoñecemento grazas á excelencia nos seus atractivos turísticos, culturais, patrimoniais e ambientais. Desde entón, aparece nesta listaxe que recoñece o traballo en prol da sustentabilidade turística. Este feito situou ao municipio dentro das principais canles de promoción de destinos sostibles, tanto a nivel nacional como internacional.

Este é un recoñecemento ao traballo que cada día fan os nosos profesionais”, destaca o alcalde e concelleiro de Turismo, Carlos Gómez Prado , lembrando así que se valoraron os esforzos realizados en protección ambiental, transición enerxética, xestión de residuos ou a implicación social. “A sustentabilidade é parte fundamental da estratexia turística de Baiona, que acaba de renovar a súa imaxe de marca, pero tamén é unha responsabilidade que temos como dirixentes e como veciños e veciñas dun enclave natural único” engade Gómez, quen subliña que “estar entre estes 100 destinos consolida o traballo do Concello e de todos os veciños e veciñas, sen os que non sería posible manter ano tras ano a riqueza natural do noso municipio”.

arribada-baiona-historia-feita-festa
A réplica da Carabela Pinta en Baiona

O comité internacional encargado desta certificación avaliou o traballo que cada territorio realiza en diferentes campos como o impacto do turismo sobre a economía local, e avalía se o territorio certificado conta cunha planificación para seguir avanzando nos seus obxectivos sostibles.

O congreso aglutina, ademais, os destinos e organizacións xestoras ecoturísticas máis importantes do mundo. Convidouse aos 100 mellores participantes a aparecer na Good Travel Guide, o que lles permite contar as súas historias de sustentabilidade aos viaxeiros interesados. Baiona xa dispón do seu propio apartado: https://goodtravel.guide/spain/baiona-green-holiday/

- Publicidade -spot_img

Publicidade