·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoO Ría de Aldán vence en Verducido

O Ría de Aldán vence en Verducido

O Ría de Aldán vence en VerducidoO Complexo Deportivo David Cal situado no encoro de Pontillón do Castro en Verducido foi o escenario da primeira competición da liga Deputación de Pontevedra 2021
A regata contou coa presenza de 21 equipos da provincia que desprazaron a 400 deportistas. Nunha xornada na que a boa climatoloxía acompañou aos deportistas, o Club de Mar Ría de Aldán impúxose na clasificación xeral por equipos ao sumar 9817 puntos, acompañáronlle o podio en segundo lugar o Club Breogán do Grove con 9060 puntos, mentres que o Club Confraría de Pesacadores de Portonovo ocupou a terceira posición con 6532 puntos.
A primeira saída do día sería para as mulleres Pre-benjamín onde as tres primeiras posicións ocupáronas Lys Alonso (Ría de Aldan), seguida por Helena Lores ( C. P. Portonvo) e Aldara Dacosta (Ría de Aldán). Na clasificación masculina o vencedor foi Mateo Pérez (Naval de Pontevedra), mentres que Asier Gil (Náutico Rodeira) foi segundo e Xavier Alvariñas (E. P. Ciudad de Pontevedra) terceiro.
Continuaba o día de regatas coa participación das mulleres da categoría Benjamín A en a que Claudia García (Piragüismo Verducido) facíase coa medalla de ouro, a prata e o bronce sería para Marta Rosales (E. P. Ciudad de Pontevedra) e Sofía Carrera (Kaiak Vigo). Aitana Casal (Naval de Pontevedra) gañaba a proba de Benjamín B, por diante de Leire Fernández (Ría de Aldán) e Lucía Rodríguez (Náutico O Muiño)
As dúas últimas competicións da xornada matutina serían para os homes Benjamín A e B. Os tres primeiros clasificados da categoría para serían para Leo Bernal (Piragüismo Verducido), Martín Estévez (Piragüismo Verducido) e Anxo Recamón (E. P. Ciudad de Pontevedra). Pola contra, Lucas Caride (Ría de Aldán), Samuel Diogo (Piragüismo Olívico) Julio Ballinas (Náutico O Muiño) completaron o podio en Benjamín B. Xa pola tarde, Lucía Macedo (Kayak Tudense) cruzaba a liña de meta en primeiro lugar da categoría muller Alevín B, seguida por Carla Currais (Náutico Cobre) e Iria Guimarey (Náutico Cobre). O podio masculino completábano Pablo Contiñas (Náutico O Muiño) e os dous deportistas do Piragüismo Olívico Lucas Díaz e Henrique Álvarez.
Coas regatas dos homes e mulleres Alevíns A terminaríase a competición. As tres primeiras posicións do podio feminino Candela Alonso (Piragüismo Olívico), Inés de la Fuente (Kayak Tudense) e Martina Rodríguez (Breogán) respectivamente. A carreira masculina gañábaa Martín González (Ría de Aldán), mentres que a segunda e terceira posición sería para Mateo Pérez e Martín Figueira ambos de Piragüismo As Torres.
- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies