·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO paseo marítimo de Cesantes acollerá durante todo o mes a mostra...

O paseo marítimo de Cesantes acollerá durante todo o mes a mostra ‘Conquistadoras’

O paseo marítimo de Cesantes acollerá durante todo o mes a mostra 'Conquistadoras'A exposición, que recolle nomes e rostros de mulleres “que exemplifican a importancia da participación da muller na sociedade”, continúa o seu percorrido parroquias de Redondela

Unha vez rematado o seu tempo de exposición no paseo marítimo de Chapela, a mostra Conquistadoras, poderá ser visitada no paseo marítimo de Cesantes a partir do vindeiro 3 de maio onde quedará instalada durante todo o mes. A mostra continua, deste xeito, o seu percorrido polas parroquias de Redondela e cumprindo un dos seus obxectivos que non é outro que dar a coñecer á cidadanía o valor desas mulleres que deixaron patente a importancia do papel da muller na sociedade ao longo do tempo.

Conquistadoras amosa a historia do esforzo de moitas mulleres que, dende o seus ámbitos de vida persoais e profesionais, “foron quen de ‘conquistar’ o dereito a ser elas sen necesidade de pedir o permiso deles”, tal e como dixo a alcaldesa de Redondela e concelleira de Igualdade Digna Rivas na inauguración da mostra na Alameda Castelao.

A intención da exposición é achegar á veciñanza de Redondela un anaco da historia de Galicia e sobre todo “destas mulleres capaces de sobrepoñerse a todo tipo de adversidades para demostrar o que non debera precisar de xustificiación: calquera muller pode realizar os mesmo traballos que un home” asegura a rexedora redondelá.

Rostros e semblanzas biográficas de María Pita ou de María Castaña, –que na época medieval enfrontáronse con armas na man aos abusos do invasor inglés e da igrexa, respectivamente–; símbolos da cultura, coma Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán; mulleres que abriron o camiño para o acceso á universidade, coma Olimpia Valencia; mulleres conectadas co máis selecto da cultura mundial do seu tempo, coma Maruxa Mallo; pintoras, pianistas, xornalistas… forman parte desta exposición.

Cómpre salientar, con orgullo, que Galicia é berce de mulleres pioneiras en distintos eidos, sendo moitas delas as primeiras de todo o Estado español en chegar a ocupar eses postos “como sucede con María Luz Morales, a primeira muller en ser directora dun periódico de grande alcance (La Vanguardia); ou Irene González, quen foi a primeira porteira de fútbol nun equipo de homes”, lembra a alcaldesa de Redondela.

Nesa loita pola igualdade e polos dereitos da muller, as mulleres de Redondela tamén estiveron presentes por iso nesta mostra hai rostros de veciñas que forman parte da historia redondelá como Paulina Sánchez, Ernestina Otero, Rita Regojo, Rita Otero… pero tamén mulleres que hoxe en día triunfan nos seus ámbitos, como Cristina Codesido (xerente dos vermús Petroni, que etiquetan todo en lingua galega acadando unha proxección internacional), a atleta Ana Peleteiro ou a directora de cine, natural de Cesantes, Diana Toucedo”.

O carácter itinerante de Conquistadoras –ao igual que pasará con Mulleres da Illa actualmente exposta na Alameda Castelao– da cumprimento un dos obxectivo da Concellería de Igualdade: “que a loita pola igualdade, non quede cinguida a un so día, senón que sexa unha acción continuada ao longo de todo o ano porque é o único xeito de acadar unha sociedade xusta, igualitaria e decente”, afirma Digna Rivas.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies