
Os de O Morrazo lograron o vitoria na xeral masculina e o Club Breogán do Grove na feminina
Na tarde de onte celebrábase nas inmediacións da lonxa de Rianxo o IV Trofeo Concello de Rianxo pertencente á liga galega de kaiak de mar, na que participaban preto de trescentos deportistas.
O forte vento que azoutaba a localidade coruñesa obrigou ao organizador da proba para variar o trazado do percorrido, o novo deseño fixo que os deportistas puidesen competir máis tempo co vento de costas.
Ao termo de todas as saídas da regata o Club de Mar Ría de Aldán sumaba 428 puntos que lle daban o triunfo na clasificación xeral do trofeo, a segunda posición con 289 foi para o Club Piragüismo Cambados, á súa vez o Club Piragüismo Olívico alcanzaba a cifra de 265 puntos para lograr o terceiro posto. Ademais fíxose entrega do II trofeo Toffe aos clubs gañadores das clasificacións masculina e feminina, neste caso o Ría de Aldán foi o gañador en masculino e o Breogán do Grove en feminino.
Polo que respecta á clasifiación individual a vitoria no home K1 Sprinter senior foi para Carlos Pérez ‘Perucho’ do Ría de Aldán, en segunda posición chegou a meta o portugués do Artur Pereira, sendo terceiro Breogán Monteagudo do Naval de Pontevedra.
Pola súa banda, Carmela Menduiña – Ría de Aldán, logrou a medalla de ouro en muller K1 Sprinter senior, por diante de Tania Álvarez – Breogán do Grove e María Alonso- Piragüismo Olívico segunda e terceira respectivamente. Na modalidade de Sup o gañador en home senior foi Ramón Vermellas do Piragüismo Rianxo.
A próxima competición da liga celebrarase o día 1 de maio no lugar de Cambados.



