spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Camiño pola Costa ao seu paso por Baiona rexistra en 2016...

O Camiño pola Costa ao seu paso por Baiona rexistra en 2016 un novo record de peregrinos

Baiona-elixida-punto-partida-Camiño-Santiago-beleza-paisaxística-axencia-viaxes

Segundo datos da Oficina de Turismo, O Camiño dispárase en Baiona con máis de 1.600 peregrinos en 2016 e un crecemento do 48%, sendo os estranxeiros, procedentes de 42 paises, un 75% do total.

Promocionar e mellorar o Camiño Portugués pola Costa ao seu paso polo municipio tivo un efecto dinamizador directo sobre o número de peregrinos que cruzaron pola vila nos últimos meses, confirman desde o Concello.

Segundo os datos da Oficina de Turismo de Baiona relativos a 2016, o número de peregrinos que pasaron pola Vila o ano pasado foi de 1.640, cun crecemento do 47,9% con respecto ao ano 2015, cando chegaron un total de 1.109. En 2014, a cifra reduciuse a 1.065 e nas dúas tempadas anteriores apenas superaron as 500 persoas.

Respecto dos 1.640 peregrinos que llegaron a Baiona en 2016, un total de 405 procedían do territorio nacional (25%) e 1.235 foron estranxeiros (75%). A Oficina de Turismo recibiu varios grupos organizados realizando o Camiño Portugués pola Costa, sobre todo desde as provincias de Pontevedra, A Coruña, Sevilla e Conca.

En canto aos peregrinos internacionais, procedían de 42 países. Portugal (254), Alemaña (143), Irlanda (124), Estados Unidos (120, Polonia (117) e Italia (78) encabezan o ránking, aínda que tamén hai peregrinos de lugares tan diversos como Suecia, Sudáfrica, Corea do Sur, Noruega, Hungría, México, Lituania, Estonia, Nova Zelandia, Finlandia, Venezuela, Eslovaquia, Ucraína, Rusia, Romanía, Bulgaria, Grecia, India, Cuba, Emiratos Árabes, Perú, Xapón, Bielorrusia, e Letonia.

Setembro, agosto e maio, por esta orde, foron os meses de maior afluencia de peregrinos e do total de camiñantes que pasaron pola Oficina de Turismo, o 23% aloxáronse en Baiona, tanto en hoteis e pensións como no Parador, e o 77% aloxáronse nos albergues situados nos municipios veciños.

En canto á información solicitada, gran parte dos peregrinos acudiron á oficina para selar a credencial (44%), seguido da solicitude de mapas da zona (20%) e información xeral de Baiona. Con respecto á forma na que chegan os peregrinos ao Camiño Portugués pola Costa, o 37% coñecen este camiño a través de internet, seguido daqueles peregrinos que xa realizaron outros camiños e deciden coñecer este trazado (20%).

Unha porcentaxe importante de peregrinos que realizan este camiño, o fan por recomendación de amigos ou familiares que xa o realizaron (14%).

Desde o Concello destacan que a Oficina de Turismo non está situada exactamente no percorrido do Camiño pola Costa polo que os datos obtidos a través das sondaxes realizadas, son só unha parte dos datos reais.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.