spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO próximo luns 27 de febreiro abre o prazo de inscrición para...

O próximo luns 27 de febreiro abre o prazo de inscrición para as Andainas A Guarda – Caminha Primavera 2023

O próximo luns 27 de febreiro abre o prazo de inscrición para as Andainas A Guarda - Caminha Primavera 2023O Concello da Guarda organiza esta primavera un total de 4 andainas coincidindo cos días de maior luz solar para animar aos veciños a facer deporte e descubrir o noso entorno tras estes meses de frío.

Cousas de revista nº16

Nesta edición o calendario conta con rutas próximas como ao Monte Aloia, Parque Natural en Tui, ou a ecopista do río Miño entre Monçao e Valença, lugares que moitos coñecemos pero quizais non percorremos en detalle descubrindo as sendas, o patrimonio relixioso e etnográfico,… Ademais organizase unha ruta no interior de Portugal polo Parque Nacional da Peneda – Gêres cun paisaxe de montaña e uns miradoiros abraiantes. A distancia destas rutas rondan entre os 10 e 15 km.

Para pechar esta edición de andainas escolleuse unha saída especial onde se visitará unha das illas do Parque Nacional Illas Atlánticas. En anteriores edicións visitamos Ons e Cíes e para este 2023 visitarase a Illa de Sálvora, unha das illas menos coñecida do parque pero que conta cunha historia e natureza de excepción. A mañá estará reservada a visita á illa de Sálvora e tralo xantar farase unha visita duns 4 km polo sendeiro das Pedra Negras de San Vicente do Mar no Grove.

As prazas son limitadas polo que se abre un prazo de inscrición para os interesados do luns 27 de febreiro ao xoves 2 de marzo. O venres 3 de marzo informarase aos interesados da lista de admitidos.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, resalta a alta participación dos veciños e veciñas nesta actividade deportiva de posta en valor do patrimonio natural e medioambiental de Galicia, convidando unha vez máis a participar. Tamén valorou o edil da Guarda o carácter transfronteirizo destas andainas, que contan tamén coa participación dos nosos veciños de Caminha.

Máis información e inscricións na Oficina de Turismo da Praza do Reló de 10:00 a 14:00h ou ben a través dun mail en turismo@aguarda.es ou no tel. 986614546, aínda que se priorizara a inscrición presencial.

Este é o calendario das andainas:

11 de marzo: Ecopista do Río Miño: Monçao a Valença

25 de marzo: Percorrido polo Monte Aloia

22 de abril: Trilho do Mezio – Parque Nacional da Peneda-Geres

6 de maio: Andaina pola Illa de Sálvora e senda das Pedras Negras de San Vicente do Mar

(O Grove)          

- Publicidade -spot_img