spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO “Proxecto Libera” chega este sábado á praia do Muíño na Guarda

O “Proxecto Libera” chega este sábado á praia do Muíño na Guarda

O “Proxecto Libera” chega este sábado á praia do Muíño na GuardaDende o Concello da Guarda anímase á poboación guardesa a participar nesta actividade, organizada pola Deputación de Pontevedra xunto con SEO/BirdLife, na que se recollerán residuos na Praia do Muíño.

Será este próximo sábado día 11 de xuño na praia do Muiño as 10:00h da mañá e terá unha duración aproximada dunhas 2 horas.

Nesta actividade poderán participar ata 20 persoas, acompañadas en todo momento por un monitor e para participar deberán cumprimentar o formulario web habilitado( é importante para poder facerlle un seguro por se houbese un accidente) na páxina da Deputación de Pontevedra.

Revista COUSAS DE Nº13

O proxecto “Libera” nace como unha iniciativa de SEO/BirdLife, a organización ambiental decana en España, en alianza con Ecoembes, organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases no noso país. Estas únense para loitar contra a basuraleza a través do coñecemento, a prevención e a participación. Desde a súa posta en marcha no ano 2017 “Libera” mobilizou máis de 90.000 persoas e colaborou con máis de 1.500 organizacións e colectivos, e converteuse nun proxecto pioneiro que busca sensibilizar a todos os públicos. Como buque insignia creou “1 m2 pola natureza”, para mobilizar a todas as heroínas e heroes de “Libera”.

“1 m2 pola natureza” engloba varias campañas anuais convocadas por “Libera” a nivel nacional, que teñen por obxectivo que todas as asociacións, heroínas, heroes, entidades, empresas e, en definitiva, todas as persoas concienciadas que queiran poidan unirse e tecer unha gran rede de colaboración para loitar unidas e unidos contra a basuraleza en centos de espazos naturais de toda España.

O obxectivo é liberar basuraleza destes espazos, pero tamén caracterizala mediante a aplicación dunha metodoloxía estandarizada e coa axuda de ferramentas de ciencia cidadá (aplicacións). A través delas pódese recompilar o maior número de datos posibles, rexistrados no “barómetro da basuraleza”. Esta información incorpórase ás bases de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, para coñecer a cantidade, o volume e o tipo de lixo recollido nestas zonas.

Localización da actividade:  https://goo.gl/maps/YvKE8jeFdXwsUCUk8

Inscricións:  https://www.depo.gal/es/-/proxecto-libera

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.