spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona celebra o Día do Medio Ambiente con talleres e actividades cos...

Baiona celebra o Día do Medio Ambiente con talleres e actividades cos escolares do municipio

Baiona celebra o Día do Medio Ambiente con talleres e actividades cos escolares do municipioCon motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, celebrado este domingo, o Concello de Baiona, a través dela Concellería de Medio Ambiente, organizou hoxe unha serie de actividades co alumnado dos distintos centros de educación do municipio en colaboración co CEP, FCC E CEAMSA.

Revista COUSAS DE Nº13

Participaron os escolares do CPI Cova terreña e do CEIP Fontes-Baíña., que foron os protagonistas do día. Acompañándoles estiveron porfesoras e profesores, o representante de CEAMSA, o presidente da Confederación de Empresario de Pontevedra, Jorge Cebreiros o alcalde de Nigrán, Juan González,  Rosa Domínguez Roda, Concelleira de Medio Ambiente e o alcalde de Baiona, Carlos Gómez.

Baiona celebra o Día do Medio Ambiente con talleres e actividades cos escolares do municipio

Á primeira hora da mañá levouse a cabo unha retirada de plásticos do areal da Concheira. Con luvas para protexerse as mans, os alumnos estiveron recollendo residuos de plástico neste característico areal baionés.

Aínda que a praia parecía limpa a primeira ollada, as bolsas fóronse enchendo en poucos minutos ante a sorpresa dos estudantes, que non deixaron de limpar durante unha hora

Moitos deles dedicáronse exclusivamente a recoller microplásticos. Estes restos pequeniños de partes máis grandes de plástico chegan ao mar e van desfacéndose co paso do tempo. Cando son redondeados e do tamaño dunha lentella chámaselles “bágoas de sirena”. Toda unha xornada de limpeza e concienciación sobre a situación do medio ambiente.

Baiona celebra o Día do Medio Ambiente con talleres e actividades cos escolares do municipio

A continuación, o alumnado dos centros escolares de Baiona recibiron unha charla dirixidas a promover a concienciación ambiental e a coñecer a gestion de residuos. O obxectivo destas charlas é concienciar e implicar aos máis pequenos na correcta separación dos residuos nos distintos contedores de reciclaxe.

Un técnico de FCC, a empresa encargada do punto limpo e a recollida de residuos selectivos no municipio, foi o encargado de impartilas. Ambas as actividades organizadas por FCC. A última das actividades consistiu noutra charla e un taller sobre a importancia do medio ambiente, unha actividade organizada nesta ocasión por CEAMSA.

A concelleira responsable da área de medio ambiente, Rosa Domínguez Roda, puxo en valor “o traballo que veñen desenvolvendo os centros educativos en materia de medio ambiente subliñando que “os nenos e nenas de Baiona serán uns adultos comprometidos co noso planeta”. Pola súa banda, o alcalde, Carlos Gómez, destacou que “este tipo de celebracións deben facernos reflexionar como sociedade sobre a importancia de coidar e protexer á nosa contorna”. Respecto diso afirmou que “todos e todas podemos contribuír a manter o noso ecosistema en mellores condicións converténdonos en axentes do cambio”. “Baiona -declarou- continuará avanzando como unha sociedade respectuosa e sostible e mostra diso son os datos de reciclaxe da nosa localidade”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.